Campionato Galego de 5K en ruta 2017 (Curtis)
- xullo 01, 2017
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regreso a Curtis un ano despois para participar no Campionato Galego de 5K en ruta e só no campionato decidindo non anotarme a proba popular que se disputaba paralelamente. Na edición do 2016 non fun quen de rebaixar o meu tempo acadado hai dous anos en A Estrada que é de 18:15 min.
O obxectivo está claro:
- Conseguir MMP, estará complicado pero non imposible.
Unha vez chego a Curtis, vou recoller o dorsal, tomarlle un té negro e prepararme para comezar co quecemento pero antes pasar por cámara de chamadas para confirmar asistencia.
Rematado o quecemento vou para a saída e aínda que me debía colocar un pouco máis adiante preferín saír na zona media e controlar un pouco máis os primeiros metros para non pagar moito o esforzo na segunda volta.
Dáse a saída e arranco con moita precaución de non tropezar é o que pasa ao saír máis atrasado.
Tras pasar os primeiros 300 metros xa se comezaba a estirar o grupo e poñendo a cada un no seu sitio. Custoume moito arrancar e o primeiro km a pesar de ir gañando postos, non me atopaba nada cómodo, incluso me estaba a doer o estómago pero pouco a pouco foi pasando e atopando mellor para seguir tirando. Na primeira volta gañei moitos postos pero as sensacións que tiña non eran boas e non estaba correndo cómodo, paso por meta para comezar a segunda volta onde intento ver o tempo que levaba pero estaba tapado polo cartel da federación e me é imposible saber como ía polo que a seguir tirando. Tras ver a clasificación final o tempo de paso da primeira volta foi de 8:57 min que equivale ir a un ritmo de 3:35 min/km, bastante ben xa que de aguantar a ese ritmo faría marca.
Comeza a segunda volta onde levaba un grupo por diante e que me propoño darlle caza para seguir tirando, así fago media volta ata que o consigo alcanzalos na última "pendente", non era moi empinada pero ao ir atope parecía que si. Adiántoos e intento escaparme deles xa que o último km picaba cara abaixo e é onde máis me custa correr. Ese último km, non din aguantado e adiántanme un par de corredores pero xa non me importaba só pensaba en seguir tirando ao máximo e mirar o tempo que fago, incluso chego esprintando con outro corredor, no que pero no esprint pero só quería saber o tempo. Finalmente esta última volta fágoa en 9:05 min que equivale a un ritmo de 3:38 min/km, ao final notei algo o cansancio e esforzo pero creo que acabei bastante sen perder moito tempo na segunda volta.
O resultado final foi:
- Posición xeral: 34º de 137.
- Posición categoría: 9º
- Tempo: 18:02 min.
- Ritmo: 3:36 min/km
O obxectivo cumprido, xa que conseguín mellorar a marca que tiña na distancia 13 segundos e baixar aos 17:56 min no tempo neto, polo que para a próxima terei que saír un pouco máis adiante para seguir mellorando e ir arañando segundos ao crono. As sensación durante a carreira non foron boas, o primeiro km con dor no estómago e despois coa sensación de pesadez, de non ir rápido pero que finalmente puiden completar unha gran carreira.
Tras consultar a clasificación, vexo que se me chego a anotar a carreira popular, quedaba 3º da categoría, unha mágoa pero bueno, quedo coa satisfacción de haber conseguido mellorar a miña marca.
🏆 Clasificación xeral do campionato homes 🏆
- David Santos Domínguez .............. 15:00
- Alejo Ares Prada ............................ 15:15
- Diego Barreiro Carneiro ................ 15:53
🏆 Clasificación xeral do campionato mulleres 🏆
- Paula Mayobre González ............... 17:17
- Aurea Retamal Muñiz .................... 19:50
- María S. Castro Soliño ................... 20:06
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Tere para Running Oleiros. Moitas gracias.
0 comments