XL Carreira do San Martiño
- novembro 20, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras
dúas semanas adestrando e sen competir tocaba regresar a unha das
míticas probas de Galicia, a San Martiño de Ourense que este ano
está a celebrar a súa edición número 40. O circuíto sería o
mesmo que os últimos anos polo que a distancia está homologada.
Os obxectivos serán comprobar sensacións e se me vexo con forzas, intentar Mellor Marca Persoal xa que o ano pasado fixen 37:03 nesta carreira a só 8 segundos da MMP.
Os obxectivos serán comprobar sensacións e se me vexo con forzas, intentar Mellor Marca Persoal xa que o ano pasado fixen 37:03 nesta carreira a só 8 segundos da MMP.
A hora de saír da cama para
prepararse e ir cara Ourense foi complicada xa que estaba a chover
moi fortemente pero non quedaba outra, ía tocar mollarse.
Ao chegar a Ourense púxenme a resgardo esperando que parase un pouco de chover para comezar a quecer pero non houbo sorte e tocou mollarse, o peor foi ter que estar esperando 15 minutos a chuvia a que se dera a saída, polo que o quecemento anterior de pouco serviu xa que saín bastante frío.

Tras darse a saída creo que foi unha das carreiras
nas que mellor saín e aínda que intentei tirar desde o comezo, non
me notei moi ben e decidín controlar un pouco e ir collendo ritmo
pouco a pouco.
Custoume coller ritmo, non sei se foi o tempo sen competir ou as inclemencias meteorolóxicas que me facían que a camiseta se me pegase ao corpo e me custase máis coller aire pero non me estaba notando nada cómodo.

Polo control do km 5 pasei nun tempo de
18:56 minutos que equivale a un ritmo de 3:48 min/km e pasando no
posto 161º.
Intentei tirar un pouco xa que a chuvia estaba indo a menos pero o chan estaba complicado e polas zonas de pedras estaba resbaladizo polo que fun todo o tempo controlando para non caer.
Intentei tirar un pouco xa que a chuvia estaba indo a menos pero o chan estaba complicado e polas zonas de pedras estaba resbaladizo polo que fun todo o tempo controlando para non caer.
No
km 8 foi onde me comecei a notar mal, non foi flato desta vez senón
unha dor pola zona dos lumbares a que lle bota a culpa ao frío que
pasei ao comezo da proba. Tiven que baixar un pouco o ritmo, aínda
que intentaba aguantar o ritmo da xente que me estaba a adiantar sen
ser capaz de seguilos.
Os últimos 500 metros intentei apertar por se
ía en tempo de mellorar a marca ata que ao entrar na recta de meta
vexo o tempo e vexo que non o ía conseguir polo que xa me relaxo para
cruzar a meta, decepcionado como sempre que non consigo mellorar o
tempo pero bastante conforme porque sabía que hoxe non era día para
facer marcas.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 174º de 3539
- Posto categoría: 57º de 597
- Tempo: 38:04 minutos
- Ritmo: 3:49 min/km
Comparando impresións con Raquel Súarez, dixome que había que ir a por 36:30 min polo que haberá que facerlle caso e intentalo polo menos pero os proximos 10km homologados penso que van ser en Febreiro en Padrón coincidindo co Campionato Galego de 10km ruta, nunha proba que sempre se me deu moi mal xa que das tres participacións que levo nunca fun capaz de baixar da barreira dos 40 minutos.
Agora toca seguir adestrando para conseguir obxectivos o ano que ven porque este xa só queda desfrutar das carreira que me quedan.
En canto a carreira, organización practicamente perfecta o único que notei en falta foi avituallamento sólido en meta e a hora de saír estar moito tempo parado que fai saír en frío pero se queres saír adiante é o que toca pero polo resto todo perfecto, para o ano intentaremos volver a estar nesta mítica.

Clasificación xeral homes:
- Nuno Costa ............................................ 30:28
- Alejandro Fernández Rivera .................. 30:38
- Manuel Angel Penas Blanco ................. 31:02
- Joselyn Daniely Brea Abreu .................. 35:06
- Ester Navarrete Santana ......................... 35:12
- Solange Andreia Pereira da Ponte ......... 36:08
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Tito Picouto Fotografía e RunPhotos Galicia. Moitas Grazas!!
0 comments