XXXIX Carreira Pedestre Popular de Santiago
- outubro 30, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou
disputar unha das carreiras mÃticas de Galicia, a pesar de chegar
tocado do xemelgo e soleo, habÃa que ser da partida e dirÃxome cara
Santiago de Compostela para disputar a XXXIX Carreira Pedestre
Popular de Santiago (12 km).
Os obxectivos van ser intentar mellorar
o tempo acadado o ano pasado (45:19 min) aÃnda que sei que o vou
ter difÃcil polas condicións nas que chego e desfrutar do gran
ambiente que hai sempre nesta carreira.
Como xa recollera o dorsal o
venres, unha vez que cheguei e consigo aparcar, vou quecer un pouco e xa me
dirixo cara o caixón, coa marca do ano pasado este tocabame saÃr adiante de todo, algo que
facilita moito coller ritmo nesta carreira xa que se saes atrasado e
moi complicado gañar postos nos primeiros km debido a cantidade de
xente que hai. Xa preparado para a saÃda tiña moi boas sensacións
para buscar mellorar o tempo e o clima acompañaba a facelo.
Tras
darse a saÃda arranco bastante ben, intentando non perder moitos
postos e collendo rápido un ritmo bo para manter durante toda a
carreira e apertar os últimos 2 km pola zona vella.
Durante os
primeiros km's vou gañando posicións pouco a pouco, mantendo o ritmo, xa que na cabeza vou pensando xa en ter que subir Vite pero de momento vou tendo boas
sensacións.
Esas boas sensacións só duran ata a metade de carreira e a partir do
km 6 xa comezo a notar un cansancio considerable nas pernas e esa
sensación de non estar correndo comodamente.
A partir de ahà comezo a perder algún posto, xa que intento ir máis
despacio para a ver se asà me recuperaba e podÃa a volver a ir
rápido. Ao paso polo punto de control situado en Galeras polo km
7,45 marco un tempo de 28:31 min que equivale un ritmo de 3:51
min/km pasando no posto 189º.
AÃnda quedaba o peor da carreira,
subir Vite, por iso collÃn auga para botala por encima, asÃ
refrescabame un pouco e ver se desa maneira conseguÃa recuperar o
ritmo de principio de carreira. Foi imposible, subÃn Vite desexando
botarme a andar para acabar de subir, que dura se me fixo este ano
pero gracias ao público que estaba alà animando fun subindo como
puiden e consigo chegar arriba.
Xa só restan 2 km's para a meta e o
terreo xa é todo favorable pero as pernas e a cabeza xa non están
pola labor de intentar ir máis rápido, aÃnda asà intento apertar
un pouco para non perder moitas posicións xa que unha vez que entras
na zona vella o ambiente é incrible e isto empúxate a ir máis
rápido.
A falta de 300 metros xa decepcionado coa miña carreira
comezo un “sprint” para gañar uns cuantos postos e acabar dignamente.
O resultado final foi:
- Posición xeral: 244º de 3461.
- Posición categorÃa: 33º.
- Tempo: 47:17 min.
- Ritmo: 3:57 min/km.
En
canto a carreira, moito público prácticamente en todas as zonas por
onde pasábamos e animándonos a todos sobre todo na costa de Vite que
che da a sensación de estar subindo un porto de montaña con todo o
público encima. Por dicir algo negativo, esperabame algo sólido ao
rematar a carreira e seguen os problemas ao acabar a carreira que
quedamos encerrados na Praza do Obradoiro e hai que dar un volta para
poder saÃr e ir cara as duchas pero polo resto todo bastante ben.
Clasificación xeral homes:
- Nuno Filipe Pinto da Costa .......... 36:39
- Alejandro Fernandez Rivera ........ 36:54
- David Santos Dominguez ............ 37:04
- Joselyn Daniely Brea Abreu ....... 41:56
- Ester Navarrete Santana ............. 42:26
- Paula Mayobre Gonzalez ........... 43:26
PD: Fotos cortesÃa de: Federación Galega de Atletismo, Javier de Santiago, VERunners, Where Is The Chandal?, Florentino Méndez Gómez, Dieta y Deporte e RunPhotos Galicia. Moitas Grazas!!
0 comments