XXXIX Carreira Pedestre Popular de Santiago

Tocou disputar unha das carreiras míticas de Galicia, a pesar de chegar tocado do xemelgo e soleo, había que ser da partida e diríxome cara Santiago de Compostela para disputar a XXXIX Carreira Pedestre Popular de Santiago (12 km). 
Os obxectivos van ser intentar mellorar o tempo acadado o ano pasado (45:19 min) aínda que sei que o vou ter difícil polas condicións nas que chego e desfrutar do gran ambiente que hai sempre nesta carreira. 
Como xa recollera o dorsal o venres, unha vez que cheguei e consigo aparcar, vou quecer un pouco e xa me dirixo cara o caixón, coa marca do ano pasado este tocabame saír adiante de todo, algo que facilita moito coller ritmo nesta carreira xa que se saes atrasado e moi complicado gañar postos nos primeiros km debido a cantidade de xente que hai. Xa preparado para a saída tiña moi boas sensacións para buscar mellorar o tempo e o clima acompañaba a facelo.


Tras darse a saída arranco bastante ben, intentando non perder moitos postos e collendo rápido un ritmo bo para manter durante toda a carreira e apertar os últimos 2 km pola zona vella.


Durante os primeiros km's vou gañando posicións pouco a pouco, mantendo o ritmo, xa que na cabeza vou pensando xa en ter que subir Vite pero de momento vou tendo boas sensacións.


Esas boas sensacións só duran ata a metade de carreira e a partir do km 6 xa comezo a notar un cansancio considerable nas pernas e esa sensación de non estar correndo comodamente.


A partir de ahí comezo a perder algún posto, xa que intento ir máis despacio para a ver se así me recuperaba e podía a volver a ir rápido. Ao paso polo punto de control situado en Galeras polo km 7,45 marco un tempo de 28:31 min que equivale un ritmo de 3:51 min/km pasando no posto 189º. 


Aínda quedaba o peor da carreira, subir Vite, por iso collín auga para botala por encima, así refrescabame un pouco e ver se desa maneira conseguía recuperar o ritmo de principio de carreira. Foi imposible, subín Vite desexando botarme a andar para acabar de subir, que dura se me fixo este ano pero gracias ao público que estaba alí animando fun subindo como puiden e consigo chegar arriba. 


Xa só restan 2 km's para a meta e o terreo xa é todo favorable pero as pernas e a cabeza xa non están pola labor de intentar ir máis rápido, aínda así intento apertar un pouco para non perder moitas posicións xa que unha vez que entras na zona vella o ambiente é incrible e isto empúxate a ir máis rápido.



A falta de 300 metros xa decepcionado coa miña carreira comezo un “sprint” para gañar uns cuantos postos e acabar dignamente.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 244º de 3461.
  • Posición categoría: 33º.
  • Tempo: 47:17 min.
  • Ritmo: 3:57 min/km.
Os obxectivos non se deron cumprido xa que fixen 2:02 minutos máis que o ano pasado e as sensacións a partir da metade da carreira non foron nada boas. Chegar tocado de xemelgo, sóleo e falta de adestramento penalizoume moito.
En canto a carreira, moito público prácticamente en todas as zonas por onde pasábamos e animándonos a todos sobre todo na costa de Vite que che da a sensación de estar subindo un porto de montaña con todo o público encima. Por dicir algo negativo, esperabame algo sólido ao rematar a carreira e seguen os problemas ao acabar a carreira que quedamos encerrados na Praza do Obradoiro e hai que dar un volta para poder saír e ir cara as duchas pero polo resto todo bastante ben.

Clasificación xeral homes:
  1. Nuno Filipe Pinto da Costa .......... 36:39
  2. Alejandro Fernandez Rivera ........ 36:54
  3. David Santos Dominguez ............ 37:04
Clasificación xeral mulleres:
  1. Joselyn Daniely Brea Abreu ....... 41:56
  2. Ester Navarrete Santana ............. 42:26
  3. Paula Mayobre Gonzalez ........... 43:26

Tamén che pode gustar:

0 comments