Campionato Galego de 10K en ruta 2016 (Ames)
- outubro 23, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Mala
semana, xa que non puiden adestrar nada: sóleos cargados pola Media Maratón de Pontevedra e para rematar collÃn gripe, só fun un dÃa
trotar para comprobar se aguantaba correr e decidir se Ãa a carreira
xa que se Ãa disputar o Campionato Galego de 10 km en ruta.
Finalmente decido ir pero sen buscar marcas nin nada, simplemente a correr e desfrutar o que se poida. Para iso desprázome ata o Concello de Ames, máis concretamente ata Bertamiráns onde se disputaba a XVII Carreira Popular Concello de Ames e a súa vez o Campionato Galego de 10 Km en ruta, a diferenza do Campionato de Media Maratón de Pontevedra na que só participei no Campionato desta vez participo tanto no Campionato como na Popular que se corren simultaneamente, que este ano estreaba circuÃto e terÃamos que dar dúas voltas, máis a recta de saÃda e de meta.
Unha vez que cheguei e din aparcado que non foi nada fácil, fun recoller o dorsal e cambiarme xa que fun xusto de tempo e aÃnda tiña que pasar pola cámara de chamadas. Sen apenas quecer xa me coloco no caixón de saÃda para non quedar moi atrasado aÃnda que en principio o ritmo que Ãa levar Ãa ser máis tranquilo.
Dáse a saÃda e foi complicada, con moitos codazos e empuxóns, nunca tivera unha saÃda tan complicada pero foi solventada sen caer.
Tras os primeiros 200 metros fun con calma intentando non tropezar e buscando un ritmo que me permitise ir “rápido” pero que me deixase levar unha respiración tranquila xa que ao correr con algo de gripe, respiraba peor.
Pouco a pouco, funme atopando mellor e indo máis rápido ata que un coñecido me estaba a adiantar e decido aguantarlle o ritmo, cousa que fixo que gañase moitas posicións.
Fun aguantando ben ata o km 7 onde empezo a non poder seguilo e teño que comezar a ir máis tranquilo porque comezábame a faltar aire e aÃnda por encima comezaba a chover. Sigo tirando ao meu ritmo e gañando algunha posición máis pero tamén perdéndoa e intento seguir a eses que me van adiantando para non perder moito máis, mentres seguÃa caendo unha boa sobre nós, xa facÃa tempo que non corrÃa chovendo.
Na recta de meta acelero un pouco sen chegar a ir a sprint para gañar algunha posición e rematar a carreira sorprendido co tempo que fixen debido as condicións nas que cheguei a carreira.

- Posición xeral Campionato: 76º de 260.
- Posición categorÃa Campionato: 17º
- Posición xeral Popular: 110º de 714.
- Posición categorÃa Popular: 26º
- Tempo: 38:02
- Ritmo: 3:47 min/km
Os obxectivos cumpridos xa que fixen ben en vir correr xa que a gripe non me molestou moito e o tempo foi bastante bo para ir máis tranquilo do que vou normalmente. En canto a carreira, persoalmente non me gustou moito este novo circuÃto, gustábame máis o do 2014 ano que participei pero para buscar marca pode ser unha boa opción a pesar de ter uns pequenos repeitos. O avituallamento final ben aÃnda que esperaba máis ao ser campionato galego pero non hai queixa.
Clasificación xeral homes Campionato:
- Alejandro Fernández Rivera ....................... 30:43
- Vicente Suárez Amoeiro ............................. 32:30
- VÃctor Xosé González Horta ...................... 32:36
Clasificación xeral mulleres Campionato:
- Paula Mayobre González ........................... 35:32
- MarÃa Yolanda Gutierrez Robles ............... 37:01
- Rocio Alvite Ferreiro ................................. 37:29
Clasificación xeral homes Popular:
- Alejandro Fernández Rivera ....................... 30:43
- David Santos Dominguez ........................... 31:16
- Hassan Lekhili Abbes ................................. 31:51
Clasificación xeral mulleres Popular:
- Joselyn Daniely Brea Abreu ....................... 34:17
- Paula Mayobre González ............................ 35:32
- MarÃa Yolanda Gutierrez Robles ................ 37:01
0 comments