Campionato Galego de Media Maratón 2016 (Pontevedra)
- outubro 16, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Chegou
o día do Campionato Galego de Media Maratón, todo comezou conque só
durmín 5 horas, xa que me despertei antes de tempo e xa non daba
collido o sono, cousas dos nervios que despois de 115 carreiras me
sigue dando pero así tiven tempo de ver en directo a carreira de
moto GP e ver gañar o título a Marc Marquez.
Despois de ver as
motos acabo de prepararme e arranco cara Pontevedra onde se disputaba
o Campionato cos obxectivos de mellorar a miña mellor marca persoal
conseguida o ano pasado nesta mesma carreira e que é de 1:20:54
(crónica do ano pasado) pero sei que vai estar complicado porque me
noto falto de rodaxe despois da lesión que me tivo parado cerca 4
meses pero haberá que intentalo.
Xa en Pontevedra, recollo o dorsal,
quezo un pouco e saco a foto con case todos os membros do equipo que
hoxe tamén disputaban a proba.
Tras a rigorosa foto voume a colocar
nos caixón cando me din que tiña que irme cara atrás porque tiña
o dorsal branco e non me deixaban acceder ao caixón no que debería
saír, polo que vou indo cara atrás ata que atopo un sitio onde
meterme e quedo situado na parte media pero moi atrasado. Mentres
esperaba a que se dera a saída fun pensando que estratexia seguir
agora que saía tan atrás e decidín ir rápido dende o comezo, pasando por onde puidese xa que para conseguir o tempo que quero tiña
que pasar polos 10 km nun tempo de 38 minutos.
Dáse a saída e dende onde eu estaba situado ata que crucei a meta fun andando porque era imposible facer o amago de correr mentres xa se vía como os de cabeza xa levaban uns 200 metros e eu seguía andando. Cando paso pola saída comezo a correr, a adiantar por onde se pode e sempre con precaución para non tropezar con ninguén.

Vou gañando moitas
posicións e me sentía moi cómodo mentres escoitaba a xente que ía
adiantando comentarios sobre min, houbo un que me fixo moito gracia e
dixeron “calquera segue a ese, menuda lebre”. Ao paso polo km
2,08 marco un tempo de 9:09 minutos que supoñía un ritmo de 4:24
min/km pasando na posición 166º, moi lonxe do ritmo que teño que
levar.
Fun tirando forte todo o tempo, adiantando xente e agradecendo
os ánimos que me daban ata comprobar o tempo no km 10 onde paso con
un tempo de 39:17 minutos que equivale un ritmo de 3:56 min/km e
pasando no posto 76º, pasei a 1:17 do tempo o obxectivo, estaba
cerca pero tiña que seguir tirando e así fun, xa case sen gañar
posicións pero mantendo o ritmo.
Todo foi ben ata o km 15 ou 16 que noto
que o gran esforzo que fixen na primeira parte da carreira me
comezaba a pasar factura e xa non era capaz de seguir gañando
posicións e os que viñan por detrás me comezaban a pasar sen eu
poder aguantarlle o ritmo.
O peor veu no km 17 onde de repente
comézame unha dor moi forte na zona dos oblicuos, como se me deran unha puñalada, que non me deixaba apenas respirar, cada vez que intentaba coller aire doíame máis e
vinme forzado a baixar o ritmo considerablemente.
Intentei de todo, apertar a zona dolorida, respirar máis tranquilo ata intentar estirar esa zona pero sen lograr nada e tiven que facer o que me quedaba de carreira practicamente andando, mentres me adiantaban todos e me daban ánimos a seguir, a intentar engancharme a eles pero non era capaz, ata collín auga no km 20 para ver se así se me pasaba algo pero nada, aínda por encima case "afogo" intentando beber (non estou afeito a beber en carreira). O flato é o que ten, cando che aparece é difícil que desapareza e iso que intentei de todo sen conseguir nada.

Na volta as pista para acabar a carreira non
era capaz nin de disimular a dor e nin mirei cara a xente que estaba
alí animando, chegando moi decepcionado e enfadado comigo mesmo.
O
final chego na posición 106º de 300 e 20º da categoría con un
tempo de 1:27:59 que equivale a un ritmo de 4:11 min/km. Tamén menos mal que só estaba anotado para correr o Campionato e non a Popular porque senón o resultado ía ser moito peor.
Os
obxectivos non se deron cumprir xa que o flato fixo que perdese toda
opción de rebaixar a miña marca e durante toda a carreira non fun
capaz de rodar o tempo obxectivo, penalizado tamén pola posición de
saída. Sabía que ía ser complicado pero non petar da maneira que o
fixen, nunca tivera flato tan forte e incluso 2 días despois, ao
premer sobre a zona me seguía doendo.
O próximo intento haberá que preparalo mellor (posiblemente Coruña21) pero por este ano acabáronse as Medias Maratóns, necesito adestrar máis e chegar mellor preparado.
O próximo intento haberá que preparalo mellor (posiblemente Coruña21) pero por este ano acabáronse as Medias Maratóns, necesito adestrar máis e chegar mellor preparado.
Aquí podedes ver os pasos polos puntos de control e como de forma evidente o flato me fai perder toda opción de conseguir marca a pesar de nunca correr no tempo obxectivo:
En canto a carreira, moi ben organizada, moitos voluntarios nos avituallamentos e cruces, animación durante a carreira, moito público e o avituallamento final moi bo, como parte negativa os caixóns eran un desastre, cando conseguín atopar un sitio había dorsais de todos os colores, a zona do paralelo as illas das esculturas sen xente ningunha nin ningún tipo de animación que se fai moi duro na segunda volta e as duchas polo menos no vestiarios onde eu estaba só había unha ducha para todos os que alí estabamos e tiñamos que ir rotando para poder axilizar o tema pero polo resto todo ben e espero poder estar o ano que ven nunha nova edición.

- Pedro Nimo del Oro ....................... 1:08:31
- Ivan Docampo González ................ 1:11:17
- Esteban Iglesia Vila ........................ 1:11:30
Clasificación xeral mulleres:
- Paula Mayobre Gonzalez ...................... 1:18:01
- Yolanda Gutierrez Robles ..................... 1:21:08
- Rocío Alvite Ferreiro ............................ 1:22:44
PD: Fotos cortesía de FotoCarlosGrafias, Capotillo de La Voz de Galicia, JM Rios de Running Oleiros, Where Is The Chandal? e Maribel. Grazas!!
Tamén agradecer todo o apoio e ánimos que recibín antes, durante e despois da carreira.
0 comments