XX Media Maratón de Pontevedra
- outubro 18, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou desprazarse ata Pontevedra para disputar a súa XX Media
Maratón que este ano transcorría por un circuíto homologado de dúas voltas polo
que o obxectivo principal, será baixar a miña MMP nesta distancia e aínda que chego algo tocado da garganta, espero que non me
moleste moito e irei a polo obxectivo ata que non dea máis e
despois a desfrutar o que se poida.
Unha vez chegados a Pontevedra
fun recoller o dorsal e ubicar a zona de saída e meta xa que é a
primeira vez que vou participar nesta media maratón. Xa co dorsal e
sabendo por onde transcorría a carreira, funme preparar e poñerme a
quecer un pouco mentres saudaba aos números compañeiros de equipo
que tamén ían disputar a carreira. Coloqueime na saída bastante
adiante para intentar saír ben e poder empezar a marcar ritmo para
buscar a marca, unha vez se deu a saída foi coma sempre mala, sobretodo pola cantidade de xente que había, polo que perdín bastantes
posicións e ata 200 ou 300 metros despois non puiden empezar a marcar un ritmo
e a recuperar posicións. Así chegados ao km 2,08 estaba colocado no
posto 137 con un tempo de 8:13 minutos xa rodando nos 3:58 min/km.
Seguín mantendo ese ritmo xa que había que aguantar e subir o ritmo
pouco a pouco para non rebentar antes de tempo e como ía tocado da
garganta estaba comprobando como respondía. No seguinte punto de
control situado no km 4,68 xa ía situado o posto 124 recortando 13
posicións e con un tempo de 18:24 minutos baixando xa aos 3:56
min/km. A partir de aquí comecei a subir o ritmo xa que non notei
nada de molestias na garganta quitando que de vez en cando me viña
algo de tos pero que me permitía correr perfectamente.
O final posto 77º de 1476 e 20º
da categoría con un tempo de 1:20:54 o que equivale un ritmo de 3:51
min/km. Os obxectivos finalmente cumpridos xa que baixei 2:45 minutos
polo que xa teño nova marca a superar e ademais sorprendeume o
rendemento que conseguín indo de menos a máis, grazas tamén a que
me enganchei a outro corredor e fun con el gran parte da carreira.
Non esperaba baixar tanto tempo e quedei moi contento coa marca pero
a vez frustrado xa que me vin con opcións de baixar da 1:20:00 pero
bueno, para a próxima xa se intentará.
Resumindo, carreira propia
para facer marca xa que é practicamente plana, moi boa organización
e gran despliegue de voluntarios. Unha magoa que o tempo non
acompañara e que estivera orballando durante a carreira. Para o ano
si se pode volverei para seguir baixando a miña marca.

0 comments