IV Carreira Carneiro ó Espeto
- xullo 24, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois
de correr onte en Boiro, hoxe despraceime ata
Moraña,
para
participar na IV
Carreira Carneiro
ó Espeto
sobre unha
distancia de 10
km. O obxectivo será
o
mesmo que en Boiro, desfrutar, porque tamén me estreo nesta proba e
non sei o que me vou atopar, intentarase ir rápido dende o
principio para ver como asumen as pernas as dúas carreiras seguidas.
Unha vez que cheguei, xa fun recoller o dorsal e por primeira vez equivócome ao pedilo pero nada que non quede nunha anécdota.
Unha vez que cheguei, xa fun recoller o dorsal e por primeira vez equivócome ao pedilo pero nada que non quede nunha anécdota.
Xa
co dorsal como aínda quedaba tempo para poñerse a quecer, fun ver
como estaban a facer un carneiro ó espeto e de paso sácome unha
foto con el, xa que era a primeira vez que vía como se facía.
Chegou
o tempo de poñerse a quecer, noteime algo cargado da carreira de
onte pero pouco a pouco parecía que ía estando mellor. Cando tocaba
ir para a saída houbo que sacar a foto cos integrantes do equipo que
hoxe estaban alí e con Jesús Bernal que unha lesión o ten apartado
das carreira e da que espero que se recupera o antes posible para
poder seguir dando zapatilla.
Na foto posando co cartel do I Triatlón Súper Sprint Popular Playa de Aguete que se celebra o Domingo 7 de Agosto, do cal o club é un dos colaboradores.
Na foto posando co cartel do I Triatlón Súper Sprint Popular Playa de Aguete que se celebra o Domingo 7 de Agosto, do cal o club é un dos colaboradores.
Tras
a foto colocámonos para a saída, funme bastante cara adiante para
poder saír ben dende o principio e poder coller ritmo rápido. Despois de gardarse un minuto de silencio, deuse a saída da proba con Fernando Alarza mandando dende o inicio.
Arranquei
ben, gañando algunha posición pero reservando xa que sabía que se
me ía facer larga pola carreira de onte e pola calor que estaba a
facer. Como
tiñamos que dar dúas voltas ao circuíto a primeira ía tomalo con
algo máis de calma para saber que me ía atopar.
Na
primeira volta gañei moitas posicións e tras ver como era o
circuíto decidín manter o ritmo sabendo que tiña que gardar algo
para o final porque había unha subida que non tiña moita pendente
pero que era moi larga e podíame facer perder posicións. Aparte o circuíto era moi rompe-pernas xa que era un constante sube e baixa, que sumado ao calor facíase duro.
Pasamos
polo posto de avituallamento 5 veces para poder coller auga durante a
carreira e despois de moito tempo tiven que coller auga na 4ª vez
que pasei por alí porque xa me estaba chegando a calor e o suor
comezaba a metérseme nos ollos, polo que tiven que pillar auga e
botala por encima xa que non son moito de beber durante a carreira. Cando só restaban 2 km para a meta as pernas comezaron a dicir basta e tiven que baixar o ritmo porque pola cabeza xa comezaba a rondar a idea de poñerse a andar. Despois de pasar a subida larga só quedaba baixar e volver a subir, polo que intento baixar rápido para gañar distancia cos perseguidores e poder subir máis tranquilo e así foi, practicamente entrei a trote vendo que por detrás non me ía pasar nadie.
O
final posto
31º
de 169
e
6º
da categoría, con un tempo de 39:08
min que equivale a un ritmo de 3:54
min/km. Os obxectivos ao final cumpridos
a
pesar de que os últimos 1,5 km fun desexando acabar xa que non podía
máis pero algo normal despois da carreira de onte.
En
canto a carreira resultoume dura, un constante sube e baixa e cando
había rectas onde poder estar máis tranquilo daba o sol e o aire
pero pola organización perfecta, avituallamento
durante a carreira sempre que pasabas por alí e outro final con
froita, barritas, auga...
moi recomendable a carreira seguro que estarei en futuras edicións
intentando mellorar o tempo.
Clasificación xeral homes:
- Fernando Alarza Vicente ........................ 30:33
- Akka Essaadaoui .................................... 32:48
- Amadeo Abal Chaves ............................. 33:55
Clasificación xeral mulleres:
- Paula Mayobre Gonzalez ...................... 36:02
- Rocio Alvite Ferreiro ............................ 37:41
- Edymar Daniely Brea Abreu ................. 37:56
PD:
Fotos cortesía de
Jesús Bernal e Atletismo +9 Moraña.
Grazas!!
0 comments