II Carreira Semana Verde de Galicia

Tocou desprazarse ata Silleda onde se ía celebrar a II Carreira Popular “Abanca Semana Verde de Galicia”, sobre unha distancia de 10 km no que os obxectivos serán seguir collendo ritmo e confianza e segundo me vaia atopando, intentar mellorar o tempo do ano pasado (36:05 min) pero sei que vai estar moi complicado polo que o mellor vai ser ir a desfrutar da carreira. 
Cheguei moi pronto a Silleda xa que antes de correr había que dar unha volta pola feira para ver que había de novo. Tras visitar a feira, funme cambiar, recoller o dorsal e poñerme a quentar cos compañeiros de equipo que tamén ían disputar a proba.


Unha vez que nos chamaron para dar a saída, coloqueime na parte de adiante coa intención de saír e engancharme a alguén para ver se daba aguantado o ritmo. 


Arrancamos e sentíame ben, non como nas últimas carreiras nas que nada máis saír dábame a sensación de que todos ían rápido e eu non lles daba feito. Así os 2 primeiros km's fun gañando algunha posición ata que me quedei perseguindo a dous corredores. A partir de aí foi unha carreira aburrida polos camiños de Silleda onde non había público e onde non conseguía acercarme aos corredores de adiante, nin os que viñan por detrás me daban alcanzado e iso que non recordaba a dureza da carreira e en momentos, dábame a sensación de que xa non daba máis mentres subiamos e baixabamos as costas. 
A parte máis interesante foi cando xa regresabamos cara a feira e só restaban 2 km aprox. xa que conseguín acercarme a un dos corredores que levaba por diante, xa dentro do recinto feiral consigo adiantalo axudado polos ánimos do público e logro sacarlle unha pequena distancia.


O último km venme recortando e cando encaramos a recta de meta eu incremento levemente o ritmo mentres non deixo de mirar cara atrás xa que sabía que estaba cerca e me ía sprintar para gañarme a posición. Pola miña cabeza pasaron dúas opcións sprintar tamén co perigo de que recaia da lesión, xa que sigo correndo con medo a unha recaída, ou deixalo pasar e conformarme co resultado. Finalmente decido a segunda e uns metros antes de entrar en meta adiántame e perdo a posición pero eu estaba moi conforme co resultado xa que sentinme ben vendo que vou mellorando e que pouco a pouco vou recuperando todo o que perdín.


O final acadei o posto 22° de 92 e 7° da categoría con un tempo de 38:41 min que equivale a un ritmo de 3:52 min/km. Os obxectivos cumpridos noteime mellor e empezo a recuperar as boas sensacións aínda que fixen 2:36 minutos máis que o ano pasado pero é normal, hai que seguir adestrando para recuperar o tempo perdido!
En canto a carreira, foi dura, sobretodo polas pistas de terra onde había moita pedra solta co perigo de torcer un nocello e costas duras. Dentro do recinto moito mellor que a 1ª edición e podíase correr ben, xa que o ano pasado a parte de correr tiñas que andar esquivando na xente que estaba visitnado a feira. 

Clasificación xeral homes:
  1. Manuel Penas Blanco ................. 32:41
  2. Luis Iglesias Raña ...................... 32:46
  3. Akka Essaadaoui ........................ 33:01
Clasificación xeral mulleres:

  1. Raquel Suarez Pedrosa ................... 40:18
  2. Lorena Salgueiro Ferreño .............. 40:24
  3. Isabel Saez Batallan ....................... 41:12

Tamén che pode gustar:

0 comments