Campionato Galego de Cross Largo 2016 (Ribadavia)
- febreiro 14, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois de un mes sen competir por
lesión, reaparezo en Ribadavia onde se celebraba o Campionato Galego
de Cross Largo sobre unha distancia de 10 km, nun circuÃto de 2 km
cada volta polo que terÃamos que dar 5 voltas. O obxectivo será comezar
a coller ritmo de competición a pesar de que sigo tendo algunha
molestia, non recaer da lesión e desfrutar da carreira da que espero
que haxa moito barro para que sexa máis entretido xa que vai ser o
meu segundo cross en campionato e no primeiro paseino moi ben
meténdome por todo o barro que habÃa.
Unha vez cheguei a Ribadavia
fun dar unha volta polos arredores do circuÃto e de Ribadavia,
ata que me chamou un compañeiro de equipo para darme o dorsal e o
novo suadoiro. Xa co dorsal fun a cambiarme e a pasar pola cámara de
chamadas, despois de pasar todo o equipo sacamos a correspondente
foto de formación coa que dar guerra.
Tras darse comezo a proba, saÃn dos
últimos xa que Ãa correr 10 km despois de mes e medio sen facelo e
aÃnda tocado, polo que fun tranquilo e con moita cabeza para ver como
me respondÃa o xeonllo.
Asà a primeira volta dina no grupo que se
estaba formando crucei con un tempo de 8:00 min e como tiña a
experiencia do anterior campionato de cross que só era de 4km sabÃa
que se me Ãa facer duro e intentei manter ese ritmo.
A segunda volta
dina en 8:01 e bastante ben de sensacións aÃnda que sempre que
lanzaba a perna sentÃa dor no xeonllo pero cada vez Ãa a menos polo que só tiña que ir tranquilo e ver como evolucionaba.
Na
terceira volta marquei un tempo de 8:06 na que só intentaba manter
ritmo e gardar forzas para o final.
Dando a cuarta volta escoitaba
por detrás miña como a xente estaba animando máis e era porque o
primeiro clasificado xa estaba a piques de dobrarme, cando me din de
conta intentei apertar un pouco máis para que non me pasase pero non
houbo maneira xa que o ritmo que levaba era moi alto para as
condicións nas que me atopaba e nunha das curvas abrinme e deixeille
pasar comodamente. Encarando a recta de meta tamén me adiantou o
segundo clasificado. Nesta cuarta volta marquei un tempo de 8:08.
A
última volta acusei o cansancio, falta de adestramento e a subida de
ritmo que fixera na volta anterior e a metade da volta dina con flato
no que apenas me deixaba respirar pero como xa só restaba 1 km
aguantei como puiden para chegar a meta incluso apertando un pouco na
recta de meta para que non me adiantasen e dando esta volta en 8:26
minutos.
O final posto 126º de 188, con un tempo de 41:22 minutos
que equivale a un ritmo de 4:08 min/km. O obxectivo pódese
considerar cumprido xa que desfrutei moita da carreira, en principio
non recaÃn da lesión e espero que fose un bo adestramento para ir
collendo ritmo para as próximas citas. O que non me gustou foi que
me dobraran xa que é a primeira vez que o fan pero o nivel que teño
agora mesmo non dá máis... Espero que pouco a pouco vaia mellorando
para volver aos ritmos de antes.
Podio xeral:
- Alejandro Fernández Rivera ..... 32:38
- Rubén Diz DÃaz ......................... 32:53
- Nuno Costa Ribeiro .................. 33:04
PD:
Fotos cortesÃa de RunPhotos Galicia e Miler. Grazas!!
0 comments