Solidario/a Lalín 2016
- xaneiro 03, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Hoxe tocoume desprazar ata Lalín onde
se celebraba a Carreira Solidario/a Lalín sobre unha distancia de
7,2 km que practicamente percorrería o paseo Pontiñas.
O obxectivo
será acabar entre os 10 primeiros xa que levaría medalla ao dar
trofeo aos tres primeiros e medallas ata o 10º posto.
Tras recoller
o dorsal, esperei ata que chegara a hora para poñerse a quentar xa
que estaba a chover e non había moitas ganas de mollarse pero xusto
antes, sacamos unha foto con todos os participantes.
Unha vez que se
deu a saída, arranquei tranquilo xa que a primeira parte ata chegar
a zona do paseo había que ir con precaución polo que quedeime
atrasado. Unha vez que collín o paseo e empezaba a estirarse o grupo
foi cando empecei a aumentar o ritmo e a gañar posicións.
De lonxe
vía a moita xente por diante miña polo que cada vez ía máis
rápido para seguir recortando postos, xa non me importaba se metía
o pé nunha charca ou pisaba no barro, só quería seguir gañando
postos para chegar a estar nos dez primeiros. A última parte de
carreira normalmente sempre se me atraganta, non sei o motivo pero xa
me ten pasado na Carreira do Cocido que transcorre pola mesma zona e
na Solidaria do ano pasado, eu imaxino que será porque para ira ao
final do paseo a pendente e favorable e vou máis rápido do que
debería e cando toca regresar vai picando cara arriba aínda que non
se note moito e o corpo xa vai cansado.
Este ano a tiña un engadido
duns 600m para facer a carreira un pouco máis longa pero que se fixo
ben e se podía ver aos corredores que levaba por diante polo que ao
contar xa vin que estaba nos 10 primeiros. Así que só quedaba ir
aguantando o ritmo e controlar ao corredor que viña por detrás para
que non me adiantase, aínda así por esa parte apertei un pouco para
poder chegar a meta máis tranquilo.
O final posto 6º de 92 e 6º da
categoría, con un tempo de 27:37 que equivale a un ritmo de 3:51
min/km. O obxectivo cumprido xa que conseguín chegar a entrar nos 10
primeiros e non tiven problemas como o día anterior no que me deu
flato nin se me atragantou a última parte do paseo.
Podio Absoluto:
- Ricardo Vazquez Vaamonde ..... 25:58
- Cristóbal Dafonte Dieguez ......... 26:48
- Jose Manuel Seoane Pombo ..... 26:52
En canto a
carreira é bonita percorrendo o paseo Pontiñas e a mellorar quizais
era mellor dar os premios despois de pasar pola ducha xa que ter que
estar alí esperando por unha medalla mentras estás todo mollado
pode levar a ter unha boa gripe nos próximos días, polo resto non
hai queixa, bo avituallamento e o paseo todo marcado para saber por
onde tíñamos que ir.
PD: Fotos
cortesía de Fair Play Sports.
Grazas!!
0 comments