I Carreira Solidaria de Lugo
- xuño 14, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou
desprazarse ata Lugo onde se disputaba a I Carreira Solidaria “La
vida es una carrera, ¡ven a ganarla!” onde a recadación irá
destinada a Asociación de Hemiparesia Infantil, con un circuÃto de
5 km aproximadamente sobre a muralla de Lugo.
O obxectivo na carreira serÃa intentar recuperar as boas sensación, xa que na carreira de onte non quedei moi contento co meu rendemento, a parte diso pasalo ben xa que vou con dous amigos que se Ãan estrear nisto das carreiras. Unha vez chegamos a Lugo xa fomos quecendo cara a saÃda e a recoller o dorsal que por certo volvÃn levar personalizado, desta vez tocou poñerlle “PACHECO” xa que ven da parte de familia de meu pai, na próxima ocasión tocará a familia por parte de miña nai. Xa con todo listo, coloqueime na saÃda, púxenme case adiante de todo porque non vin moita xente que puidera ir máis rápido, tampouco coñecÃa nin me soaba ningún dos participantes na carreira.
Cando quedaban 200m para baixar da muralla e subir cara a meta, o que Ãa segundo pásame, eu intento seguilo pero dinme de conta que non daba polo que xa me conformaba coa 2º posición, na recta final apertei e conseguÃn gardar as distancias co 3º clasificado.
O final posto 2º de
120 e 2º da categorÃa, con un tempo de 17:11 o que equivale a un
ritmo de 3:35 min/km, posiblemente non chegara a ter os 5 km pero
aÃnda asà parece que recupero as sensacións de carreira. En canto
aos amigos que viñeron estrearse nas carreiras moi ben quedando na
metade da clasificación e con bo tempo, agora só falta que se
enganchen e volvan repetir.
Resumindo é unha
corta pero bonita carreira sobre a muralla de Lugo na que se pode
desfrutar moito e unha organización que para ser a primeira vez,
para min estivo perfecta, o único pero foron as duchas que estaban
lonxe e estivemos perdidos por Lugo buscándoas pero polo resto non
hai queixa.
Esperando unha próxima edición que sempre é un pracer poder correr
sobre a muralla.
PD:
Agradecer a boblawrenze e a anxelxade as fotos.
0 comments