XV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal
- agosto 25, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Pois un ano máis participando nesta proba e con esta edición xa van 7 veces nas que me achego ata A Pobra do Caramiñal para correr a Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal. Cun percorrido no que teríamos que dar dúas voltas ata completar unha distancia de 8Km. Ademais como os últimos anos tamén é a primeira das probas do do Circuíto Barbanza Arousa, no cal volvo a esta inscrito, composta por catro probas (A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Rianxo e Boiro).
Os obxectivos serían:
- Intentar mellorar o tempo do ano pasado que é de 28' 51''.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 24º de 303.
- Posto categoría: 9º
- Tempo: 28' 21'' min.
- Ritmo: 3:35 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido moi rápido a dúas voltas onde o único que che pode romper o ritmo é un cambio de sentido nuns conos e un par de xiros algo pechados que te frean un pouco, o resto do percorrido moi propicio para correr. A meta está en distinto lugar que a saída xa que en vez de acabar na rúa, entramos na praza para chegar a meta. Cunha distancia polo reloxo de 7,9Km.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Zona para aparcar preto.
- Avituallamento final completo.
- Servizo de masaxista.
- Servizo de duchas (escoitei algo por megafonía pero non sei onde estaban).
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- No regulamento falta especificar se hai duchas e a localización. Eu non atopei esta información.
- Sigo pensando que fai falta un avituallamento intermedio. Non para min que case nunca bebo pero sei que pode facer falta.
- A hora da carreira sendo Agosto penso que é moi tarde xa que as 11:30h xa fai bastante calor, aínda que este ano tivemos o forte vento que nos ía refrescando.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alejandro Fernández Rivera ... 23' 55''
- Hugo García Souto ... 23' 58''
- Pablo Otero Fariña ... 24' 38''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Isabel Caeiro Mariño ... 29' 40''
- Karyna Yevtushenko ... 30' 41''
- Nati García Sánchez ... 31' 20''
0 comments