XXVI Carreira Popular Nocturna de Noia

Sempre tiven ganas de participar nesta carreira pero por coincidencias con outra proba nunca asistín. Este ano tocou desprazarse ata Noia para participar na XXVI Carreira Popular Nocturna de Noia cun percorrido de 2 voltas ata completar unha distancia de 8Km aprox.

Os obxectivos serían:

  • Intentar quedar o mellor posible para a clasificación por equipos.
🏃 A CARREIRA 🏃

Cheguei cedo a Noia para poder aparcar tranquilo e xa non había moito sitio. Recollo o dorsal tras facer cola e xa me fun atopando con compañeiros que tamén ían correr a proba. Chegada a hora voume cambiar e a realizar os exercicios de quecemento. Antes de colocarme na saída foto de equipo.

Foto: Diana
Quedei colocado bastante adiante, non me sentía moi cómodo aí pero polo que me contaron a saída era un pouco perigosa xa que era algo estreita e tiñamos que facer un xiro mentres baixabamos a rúa, polo que había que evitar saír moi atrás. Tras darse a saída vou con precaución neses primeiros metros e tras facer o xiro, comezo a marcar o meu ritmo.

Íamos en leve subida pero os ritmos estaban sendo moi fortes, de feito neses primeiro Km fixen un ritmo de 3:33'/km coa precaución dos primeiros metros e un cambio de sentido que había aos 500m aprox. que rompe bastante o ritmo. A partir dese primeiro km xa estaba todo o grupo de corredores estirado e eu en plan remontada e forzando o xusto para coñecer ben o percorrido aínda así seguía marcando uns ritmo moi fortes e comprobando que pese a que o percorrido tiña moitos xiros, era moi rápido. Así foron pasando os km's nos que fun gañando postos seguido e remato a primeira das voltas no posto 22º, cun tempo de 13' 28'' pero sobre unha distancia de 3,8 Km non chegaba aos 4 Km anunciados.

Foto: Diana
A segunda volta foi máis do mesmo pero xa forzando ao máximo para poder gañar algún posto máis para esa clasificación por equipos. Grazas a gran cantidade de público que había (algo que me sorprendeu gratamente) fun tirando con todo o que tiña pero o último Km xa se me estaba facendo moi largo e perdo un posto por un corredor que debía ser local porque creo que non houbo persoa en Noia que non o animase. Así controlando xa os últimos metros para non perder ningún posto máis, chego a meta con un tempo nesta segunda volta de 13' 40'', un pouco máis lenta pero ese último km foi moi duro.

Foto: Diana
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 17º de 315.
  • Posto categoría: 7º
  • Tempo: 27' 08'' min.
  • Ritmo: 3:35 min/km
Ao final na clasificación por equipos conseguimos ser os 10º pero foi unha carreira con moito nivel.

🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido bastante rápido con saída e meta dende a Alameda. Primeiros metros algo perigosos por ser estreito, temos que facer un xiro e baixar un escalón. A partir de aí xa collemos a rúa e xa se pode comezar a correr. Hai varios xiros que rompen o ritmo xa que son de cambio de sentido e algunha subida que pese a non ser moi dura sobre todo na segunda volta si que se nota a inclinación. A mellor parte cando se corre pola zona vella xa que hai moito público animando. Cunha distancia polo reloxo de 7,6Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Zona para aparcar máis ou menos fácil.
  • A localización estivo ben sobre todo a zona vella, con moito público e moi animada.
  • Voluntarios nos puntos máis conflitivos.
  • Avituallamento intermedio con auga pero tiñas que achegarte ti (igual non era intermedio e só era para o avituallamento final, eu nin vin as botellas de auga).
  • Duchas a 300m.
  • Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Recollida de dorsais lenta. Sempre vou con tempo por calquera cousa que poida pasar e para gravar a intro do vídeo aínda que nesta proba non ía gravar cando cheguei a falta de 2h para a carreira xa había unha cola importante que se mantivo todo o tempo.
  • Avituallamento final só con auga do tempo, polo que estaba tirando a quente pese a ser de noite.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Hugo García Souto ... 23' 31''
  2. Alejandro Fernández Rivera ... 23' 44''
  3. Pedro Liste Monteagudo ... 23' 54''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Marta Cabello Arias ... 27' 16''
  2. Eva Piñel Lorenzo ... 27' 36''
  3. Isabel Caeiro Mariño ... 28' 54''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments