Campionato Galego de 10K en ruta 2022 (Ames)

Tras participar a semana anterior no Campionato Galego de Media Maratón, foi a quenda do Campionato Galego de 10K en ruta que este ano tiña como sede o concello de Ames, concretamente teríamos que ir ata Bertamiráns onde se disputaba a XXI Carreira Popular Concello de Ames e paralelamente o Campionato. Percorrido de dúas voltas que xa tiña feito outros anos e onde no 2019 me quedei a 1seg de mellorar a marca que teño na distancia.

O obxectivo sería:
  • Intentar mellorar o tempo nos 10K que é de 35:50 acadados en Ourense 2018.
Cheguei a Bertamiráns cedo e non tiven problemas para aparcar pero cando cheguei a zona onde se daban os dorsais quedeime do outro lado da rúa porque empezou a chover moi forte e non había moito sitio onde meterse. Estabamos con condicións climatolóxicas bastantes malas con chuvia e moito vento incluso eu pensei que ían suspender a proba. A chuvia non tiña pinta de remitir e como se achegaba a hora de cambiarse, poñerse a quecer e pasar por cámara de chamadas tiven que "colarme" para poder recollelo porque xa ía xusto de tempo. Funme cambiar, volvín rápido para pasar por cámara de chamadas e a quentar que xa só quedaban uns minutos para o comezo da proba. Situeime no caixón que me deron que non sei o motivo pero estaba no segundo en vez que no primeiro como sempre saín. E xusto cando empezaba a caer outra tromba de auga, deuse a saída


A saída era ampla pero non sei que pasou que practicamente diante miña caeu un corredor. Uns metros máis adiante xa co grupo máis ou menos estirado comecei a marcar o meu ritmo e pouco a pouco a gañar postos. Xan dende o comezo non me sentía ben de pernas como si xa estivese canso e os ritmos tampouco estaban saíndo para ir a polo obxectivo e se lle sumamos o tempo que estaba facendo...


O percorrido tiña longas rectas e sen nada que nos protexera un pouco do vento e era un constante sube e baixa moi leve apenas se notaba menos unha subida duns 300m que nos levaba ao km 2.


Foron pasando os km's onde seguín intentando forzar para achegarme ao tempo obxectivo pero non había maneira. Ía a tope e o ritmo seguía sen ser o desexado e así chegamos ao Km 5 un pouco antes de facer o cambio de sentido para iniciar a segunda volta facendo un tempo de 18:25 min.


A segunda volta foi máis do mesmo seguín tirando por se por arte de maxia recupera as forzas e conseguía achegarme ao tempo pero todo foi a peor, cada vez máis lento, sen o ritmo que quería e así crucei a liña de meta.


O resultado final foi:
  • Posto xeral: 45º de 186.
  • Posto categoría: 8º
  • Tempo: 37:28 min.
  • Ritmo: 3:44 min/km
Os obxectivos non se cumpriron e quedeime a 1:38 min. do tempo obxectivo pero sabendo que non era día de intentalo tanto polas condicións meteorolóxicas como polas miñas pernas que non estaban recuperas do esforzo da semana anterior.

En canto a carreira ben, voluntarios nos cruces, avituallamento intermedio con auga, avituallamento final con auga e froita, servizo de gardarroupas, duchas algo lonxe e de agasallo unha camiseta técnica.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. El Mehdi El Nabaoui ... 31:27
  2. Esteban Iglesia Vila ... 31:48
  3. Anxo Castro Varela ... 31:58
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Santos Domínguez ... 34:27
  2. Sandra Mosquera Losada ... 37:53
  3. Isabel Caeiro Mariño ... 38:55
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas.

Tamén che pode gustar:

0 comments