IV San Silvestre de Silleda
- decembro 31, 2019
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Último día do ano e como é tradición a correr as míticas San Silvestres. Nesta ocasión despraceime para disputar a San Silvestre de Silleda, con un percorrido de 5 voltas ata completar unha distancia de 5Km.
O obxectivo sería:
- Apertar para ver que opcións de podio teño.
- Tomala como un bo adestramento para seguir poñéndome a punto.
- Desfrutar do último día do ano correndo.
Cheguei a Silleda ben de tempo, fun inscribirme e recoller o dorsal, o primeiro de tela que vexo e teño. Despois funme cambiar e xa me puxen a quentar un pouco porque a mañá estaba sendo fría. Tras ver a carreiras das categorías inferiores, foi a nosa quenda. Coloqueime adiante de todo, a idea era saír co grupo que se formase adiante e aguantar aí a ver como ía transcorrendo a proba. Así tras unha conta atrás arrancou a carreira.
Arranquei bastante ben ocupando os postos de cabeza polo que practicamente ía marcando o ritmo. Aínda que as veces me poñía a seguir a outros dous corredores do GTR - Galaico Trail Run. Así dimos a primeira das voltas nun grupo de 5 corredores, marcando un ritmo medio de 4:43 min/km.
Foto: Concello de Silleda |
Foto: Concello de Silleda |
A partir de dar a primeira volta pouco a pouco foise aumentando o ritmo o que provocou que o grupo de 5 fose perdendo corredores. Tras un pequeno tirón meu e ir en cabeza, o compañeiro do Arenteiro rápido se puxo en cabeza e púxenme a intentar seguilo. Así foron transcorrendo as voltas cada vez uns segundos máis rápidos ata que chegou a última onde o compañeiro do Arenteiro comezou a tirar moi forte e non fun quen de aguantar polo que comecei a mirar cara atrás e practicamente tiña o segundo posto asegurado. Así que baixei o ritmo e a última volta xa fun máis controlando aos perseguidores que preocupándome de apertar máis. Así cheguei a meta, satisfeito co resultado acadado e coas sensacións e rendemento acadados na proba.
O resultado final foi:
O resultado final foi:
- Posto xeral: 2º 🏆
- Posto categoría: -
- Tempo: 18:30 min.
- Ritmo: 3:39 min/km.
Foto: Concello de Silleda |
O obxectivo cumprido. Un bo adestramento de máis a menos facendo o primeiro km a 3:43 min/km e acabando a 3:34 min/km agás o último onde xa fun controlando e acabei en 3:41 min/km. Finalmente acadei un novo podio que para cerrar o ano xa que na San Silvestre a que vou ir pola tarde teño moi complicado facelo.
Pd: Fotos cortesía de: Concello de Silleda. Moitas gracias.
0 comments