VIII CorreSan - Nocturna Cidade Vella

Tras correr o día anterior a Carreira Solidaria Festas de Lalín, despraceime ata Santiago de Compostela para disputar o VIII CorreSan Nocturna Cidade Vella sobre unha distancia de 5,5 Km dando dúas voltas ao percorrido. Despois de varios participando no circuíto este ano non estarei xa que me ía perder varias probas por coincidencias con outras que quero probar.

O obxectivo sería:
  • Desfrutar e facer a proba a un ritmo tranquilo para preparar as pernas para a carreira do día seguinte.
Desta vez fun con un amigo ao que ía acompañar durante a proba xa que eu ía ir máis tranquilo. O tempo ameazaba chuvia pero tiña a esperanza de que aguantase o tempo polo menos durante a proba. Chegamos case xusto para recoller o dorsal, non sei cal foi o motivo pero só os daban ata as 20:15h sendo a carreira absoluta as 22:30h pero bueno, así tras recoller o dorsal fomos tomar algo ata chegar a hora de cambiarse e poñerse a quecer.

Cando faltaban 30 min. fomos cambiarnos e puxémonos a quecer, xa estaba comezando a chover polo que fixemos o quecemento en Xoan XXIII para evitar mollarnos. Faltaban 5 min. para o comezo da proba e fómonos achegando a saída quedando colocados na parte de atrás, este ano como novidade o percorrido era ao contrario que os anos anteriores e así, tras gardar un minuto de silencio baixo unha intensa chuvia polo falecemento dun xuíz árbitro e os crimes machistas de Valga, deu comezo a proba.

Foto: Federación Galega de Atletismo
Arrancamos con calma e con moita precaución de non tropezar a auga non deixaba de caer pero aínda refrescaba un pouco. Comezamos con un pequeno llano onde se foi estirando o grupo de corredores e os 150 m. arrancaba a subida ata os 400m durante ese tramo comezamos a recuperar postos e a marcar uns ritmos entorno a 5:00 min/km. que rapidamente íamos baixar xa que a partir de aí o terreo xa era máis favorable primeiro con unha forte baixada onde había que ter precaución para non esvarar.
Saíndo da zona vella, entramos na Alameda que debido as chuvias estaba bastante embarrado. Seguimos gañando postos e os ritmos eran mellores . Saímos da Alameda e volvemos a zona vella onde pouco a pouco parecía que estaba a chover máis e así cruzamos a primeira volta.  
Así damos a primeira volta en 13:29 min. que supoñía un ritmo de 4:54 min/km. tras cruzar a primeira volta fixen cálculos para intentar chegar a meta facendo a segunda das volta máis rápido. 

Comezamos a segunda volta con esa intención e íamos bastante ben, só tivemos un gran inconveniente xa que cando estabamos indo pola zona da Alameda comezou a chover moi forte, case non dabas mirado de fronte pola cantidade de auga, saímos cara a zona vella e parecía un río, había zonas onde a auga daba pola altura dos nocellos. Xa facía moito tempo que non corría con tanta auga. 
Esta segunda volta démola nun tempo de 12:54 min. que supoñía ir a un ritmo de 4:41 min/km. Mellor tempo que na primeira volta.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 220 de 503.
  • Posto categoría: 62º.
  • Tempo: 26:23 min.
  • Ritmo: 4:48 min/km.
Obxectivo cumprido. Antes do comezo a idea era correr entorno a 5 min/km pero finalmente saíu máis rápido e facendo a segunda volta mellor que a primeira polo que quedamos satisfeitos co resultado e eu con unha boa activación para a carreira do día seguinte.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Andrés Cendán Llorens ...... 17:11
  2. Jorge Puig Malvar ................ 17:30
  3. Pablo Monteagudo Lago ... 18:24
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Esther Pedrosa Carrete ... 22:09
  2. Mónica Álvarez Alonso ... 23:07
  3. Mariam Ferran ................... 23:11
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Federación Galega de Atletismo. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments