XI Carreira do Demo

Tras o descanso de verán, había que ir retomando a competición. Polo medio do parón participei nunha proba, Carrera Caminata Familiar UIP en Panamá pero tamén foi o único que fixen xa que fun sen adestrar. 
Tras unha semana de preparación para ir afacendo as pernas de novo, chegou a primeira competición que sería a XI Carreira do Demo que se celebraba en Artes (Riveira) sobre unha distancia de 6,66 Km. Xa fixera esta proba no 2017 pero fora nocturna polo que este ano ía ser como se a correse por primeira vez.

O obxectivo sería:
  • Comprobar o estado e as sensacións que teño despois do descanso.
Cheguei ben de tempo, para recoller con tranquilidade o dorsal, saudar aos compañeiros de carreira que ían participar, acabar de cambiarse e antes de poñerse a quecer, sacar unha foto con meu pai que tamén ía correr a que sería a súa segunda proba.


Tras sacar a foto, puxémonos a quecer, mentres lle ensinaba un pouco o percorrido a meu pai. Un trote suave duns 10 min. para entrar en calor e xa cara a zona de saída a esperar o comezo da proba.

Coloqueime na zona dianteira, nunha segunda fila, non eramos moitos e ía intentar forzar un pouco ao comezo para comprobar ben no estado físico que me atopaba. Tras o lanzamento dunha bomba deu inicio a proba.

Arranquei forte intentando seguir ao grupo de cabeza pero era moito ritmo para min e pouco a pouco voume quedando descolgado pero mantendo un bo ritmo. Os primeiros 500 metros eran de falso llano onde ían picando cara arriba, logo 500 metros cara abaixo e volvemos a pasar pola saída. 


Tras pasar o primeiro km, por diante xa levaba aos corredores con unha boa vantaxe pero había que seguir tirando porque por detrás estaban preto. Dende que pasamos pola saída ata o km 2 era todo terreo favorable e os ritmos eran bastantes bos pero a partir de aí comezou a subida.

Durante uns 2,5 km estivemos subindo constantemente con algunha subida mais dura que outra pero onde se notou a miña falta de adestramento xa que perdín un par de postos sin ser capaz de aguantar o ritmo dos corredores que me adiantaban. Un deles animoume a seguir con el pero si apertaba un pouco máis igual tiña que pedir un pulmón máis.

Chegamos ao km 4,5 onde estaba situado o avituallamento do cal como fago normalmente paso e sigo centrado na carreira, igual tiña que haber collido unha botella para tirarme a auga por encima porque o suor estábame molestando un pouco pero como xa quedaba pouco preferín seguir tirando.

Tras o avituallamento veu un pequeno descanso en forma de baixada para recuperar un pouco o alento pero pouco ía durar xa que posiblemente quedaba a peor das subidas e iso que só foron uns 100 metros aprox. dende o cruceiro ata cruzar a autoestrada, nese punto pensei en botar a andar, xa ía no limite e comecei a notar as pernas cargadas. Dende aí xa empecei a mirar cara atrás para controlar o posto.

Por sorte, rematada esa subida era todo terreo favorable e puiden volver a manter un bo ritmo que me permitiu chegar a meta conservando o posto. 

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 15º de 108.
  • Posto categoría: 1º. 🏆
  • Tempo: 25:05 min.
  • Ritmo: 3:46 min/km.

O obxectivo cumprido, as sensacións e o rendemento foron boas sabendo que só levo unha semana adestrando e que pouco a pouco vou ir recuperando o ritmo perdido. Nas subidas perdo moito tempo polo que será un dos puntos que hai que mellorar. A pesar de todo conseguín un bo resultado acadando o 1º posto da categoría aínda que non mellorei o tempo que tiña na proba quedándome a 15 seg.

En canto a meu pai que estaba na súa segunda proba, acabou nun tempo de 34:19 min. que supoñía un ritmo de 5:09 min/km que lle serviu para ser o 74º e o 12º da categoría. Segundo me contou, tamén lle pareceu unha proba dura sobre todo, as costas.


🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Sergio Sanchez Martínez ... 20:22
  2. Nuno Costa ............................. 21:06
  3. Juan A. Gude Vila ................. 21:51
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Sabela Pensado Parada .......... 27:58
  2. Paula Cabaleiro Rodríguez ... 28:16
  3. Elena Matalobos Redondo ... 28:41

Tamén che pode gustar:

0 comments