VIII Memorial Manuel Bergueiro
- outubro 14, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras correr o día anterior a CorreSan Ruta da Prata Angrois, tocou desprazarse ata A Estrada onde se ía celebrar o VIII Memorial Manuel Bergueiro sobre unha distancia de 9,6 Km aprox. dando tres voltas ao percorrido marcado.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 34:16 min. acadados no 2015.
Día frío e con ameaza de choiva en A Estrada. Cheguei pronto para recoller o dorsal e non puiden ver ningunha carreira antes porque eramos os primeiros en saír. Chegado o momento, cambieime e púxenme a quecer mentres saudaba a compañeiros de carreiras. A falta de 5 min. para o comezo da proba, coloqueime na saída bastante adiante pero sen ser das primeiras filas xa que non sabía ben como ían responder as pernas despois de correr o día anterior e ademais había moito nivel nos corredores das primeiras filas. Tras a homenaxe a Manuel Bergueiro e unha conta atrás, deu comezo a proba.
Foto: J.C. Asorey (Bernabé/Faro de Vigo) |
Saín con moita precaución xa que o chan estaba mollado e sobre as plaquetas de pedra onde estaba a saída era fácil esvarar. Pasando esa primeira curva con tino, fun buscando sitios por onde poder avanzar pero sen ter moita presa xa que había tempo suficiente. Pouco a pouco vou recuperando postos e sentíndome moi cómodo, non estaba acusando o esforzo do día anterior.
Así a primeira volta fíxena en 11:24 min que supoñía ir a un ritmo de 3:34 min/km.
Foto: RunPhotos Galicia |
Comecei a segunda volta co obxectivo de seguir gañando postos e tirar ata onde puidese xa que me estaba sentindo bastante ben. Así foi, durante toda a segunda volta seguín recuperando posicións incluso din chegado ata a primeira das mulleres e antes de comezar a última volta consigo adiantala mentres me animaba a seguir así.
A segunda volta fíxena en 11:20 min que equivalía ir a un ritmo de 3:32 min/km. Máis rápido que a primeira polo que todo estaba indo moi ben.
Foto: RunPhotos Galicia |
Xa na última volta intentando deixar atrás a bicicleta que marcaba a primeira das mulleres. Custoume media volta pero foi entretido. Por diante tiña a dous corredores aos que, na recta que levaba ata a meta, intentei darlles caza e gañar un par de postos pero xa ía coas forzas xusta, aínda que o intento e chego ata un deles, non son capaz de adiantalo porque incrementou o ritmo e non o din seguido polo que cheguei a meta no posto no que estaba.
Así a última volta fíxena en 11:25 min. que equivalía ir a un ritmo de 3:34 min/km. A pesar de ter a sensación de que estaba indo máis rápido esta foi a peor das voltas pero ao final mantendo bastante ben o ritmo dende o comezo.
Así a última volta fíxena en 11:25 min. que equivalía ir a un ritmo de 3:34 min/km. A pesar de ter a sensación de que estaba indo máis rápido esta foi a peor das voltas pero ao final mantendo bastante ben o ritmo dende o comezo.
Foto: RunPhotos Galicia |
O resultado final foi:
- Posto xeral: 20º de 147.
- Posto categoría: 8º.
- Tempo: 34:11 min.
- Ritmo: 3:33 min/km
O obxectivo cumprido. Conseguín mellorar o tempo que tiña nesta proba en 5 segundos e as sensacións foron moi boas sabendo que o día anterior tamén competín. Igual se o terreo non estivese mollado podía mellorar algún segundo máis xa que había varios puntos nos que ía con máis precaución para non esvarar pero acabei moi contento co resultado acadado.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Carlos Porto Pazos .................... 29:55
- Manuel A. Penas Blanco .......... 30:09
- Gonzalo Basconcelo Araujo ... 30:13
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Ester Navarrete Santana ........ 34:25
- Sandra Mosquera Losada ....... 35:27
- María J. Gestido Rodríguez ... 35:42
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: J.C. Asorey (Bernabé - Faro de Vigo) e RunPhotos Galicia. Moitas gracias.
0 comments