Carreira Ponle Freno Pontevedra 2018
- xuño 30, 2018
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou debutar na Carreira Ponle Freno de Pontevedra, onde todo o recadado iría destinado a asociación Stop Accidentes Galicia. Tamén será a primeira vez que corra en Pontevedra sen que sexa a Media Maratón. O circuíto tería unha distancia de 5 Km ao cal teríamos que dar dúas voltas ata completar o total de 10 Km.
Os obxectivos serían:
- Rematar en torno aos 37 minutos.
- Desfrutar da proba que ao ser polo centro espero que haxa moito público animando.
Fun cos amigos que antes de que volvan o fútbol, están aproveitando para vir as carreiras comigo. Chegamos a Pontevedra cedo xa que os dorsais só os daban ata as 20:00h e mellor ir con tempo para evitar calquera imprevisto. Recollimos os dorsais e como aínda quedaba tempo ata a hora da proba 21:30h fomos dar unha volta por Pontevedra buscando un bar onde tomar un refrixerio e no meu caso, un té negro que levo tomando desde fai tempo antes de correr.
Cando faltaba 40 min. para a saída fúmonos cambiar e antes de poñernos a quecer un pouco sacamos a foto de equipo, aínda que non estabamos todos, si unha gran maioría.
Cando faltaba 40 min. para a saída fúmonos cambiar e antes de poñernos a quecer un pouco sacamos a foto de equipo, aínda que non estabamos todos, si unha gran maioría.
Foto: Maribel |
Poxémonos a quecer un pouco, mentres non perdía de vista a saída para intentar colocarme ben e que non me pasase o da última proba onde por despistarme tiven que saír moi atrasado. Cando vin que os corredores se dirixían cara meta, desexeille sorte os amigos e fun cara a liña de saída onde quedei bastante ben colocado se cadra podía ir un pouco máis para adiante pero como había saída conxunta dos participantes de 5K e 10K preferín quedar alí por si os que estaban adiante eran os de 5K e engancharme a un deles levando un ritmo máis alto do que debería.
Deuse a saída e a pesar da cantidade de corredores que había, fixen unha boa saída. Coma sempre intentando buscar o exterior das curvas xa que hai máis espazo para poder recuperar postos e comezar a marcar o meu ritmo.
Durante a primeira volta fun gañando moitos postos e non sabía moi ben a quen estaba adiantando xa que íamos mezclados os do 5K e 10K pero mentres as sensacións foran boas ía seguir tirando forte. Pouco a pouco funme acercando aos compañeiros de equipo Kote e Jose e decido intentar aguantar aí xa que levaban moi bo ritmo. Pasei o Km 5 segundo o reloxo en 18:12 min. que supón un ritmo de 3:38 min/km que estaba moi ben porque só eran 10 seg. máis lento que a miña marca nos 5K.
Deuse a saída e a pesar da cantidade de corredores que había, fixen unha boa saída. Coma sempre intentando buscar o exterior das curvas xa que hai máis espazo para poder recuperar postos e comezar a marcar o meu ritmo.
Foto: Pontevedra Viva |
Foto: Cano FotoSports |
- Posición xeral: 17º de 445.
- Posición categoría: 17º
- Tempo: 34:46 min.
- Ritmo: 3:29 min/km
Os obxectivos cumpridos aínda que o ritmo non é moi fiable xa que ao final a proba faltábanlle uns 500 metros. O ritmo real segundo o reloxo foi de 3:40 min/km o que suporía facer os 10K en 36:40 min polo que corrín mellor do esperado e case a ritmo de facer marca pero iso queda para dentro dunhas semanas onde terei dobre oportunidade.
En canto aos amigos estivemos catro aínda que na foto falta unha e os catro estabamos escritos nos 10K. Marcos Otero rematou a proba en 49:28 min. acadando a 334º posición. Alba Sobrino na súa primeira proba, rematou en 50:23 min acadando o 359º posición. Por último Pablo Cerdeira que tras un erro nas indicacións que separaban a carreira de 5K e 10K e facer só os 5K rematou en 25:43 min. acadando a 86º posición.
En canto a proba gustoume moito o percorrido pola zona vella, monumental... moi entretido, con un continuo sube baixa non moi forte pero que na segunda das voltas se comeza a facer máis duro polo cansancio acumulado, moito público animando e a fin solidaria que ten.
O que non me gustou foi o tema das duchas xa que non había, por sorte o tempo nos respectou porque ameazaba chuvia e sen ter duchas era moi posible que o día seguintes todos estiveramos con gripe. Sen premios por categorías só aos tres primeiros absolutos e o avituallamento pareceume moi xusto en comparación con outras probas nas que sendo gratis parece que saes de alí "comido"...
En canto aos amigos estivemos catro aínda que na foto falta unha e os catro estabamos escritos nos 10K. Marcos Otero rematou a proba en 49:28 min. acadando a 334º posición. Alba Sobrino na súa primeira proba, rematou en 50:23 min acadando o 359º posición. Por último Pablo Cerdeira que tras un erro nas indicacións que separaban a carreira de 5K e 10K e facer só os 5K rematou en 25:43 min. acadando a 86º posición.
Foto: Maribel |
O que non me gustou foi o tema das duchas xa que non había, por sorte o tempo nos respectou porque ameazaba chuvia e sen ter duchas era moi posible que o día seguintes todos estiveramos con gripe. Sen premios por categorías só aos tres primeiros absolutos e o avituallamento pareceume moi xusto en comparación con outras probas nas que sendo gratis parece que saes de alí "comido"...
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Luis Carlos Rivero .............. 30:29
- Anxo Castro Varela ............ 30:40
- Álvaro Prieto Fervenza ..... 31:33
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Olalla Saborido Gil .................. 39:42
- Laura Pérez Trabazo ............... 41:44
- Tania Domínguez Ferreira ..... 41:54
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Maribel, Pontevedra Viva e Cano FotoSports. Moitas gracias.
0 comments