XVII Carreira Popular de Pontecesures
- decembro 06, 2017
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Como é habitual, día festivo, día de carreira. Desta vez despraceime ata Pontecesures onde se ía celebrar a XVII Carreira Popular de Pontecesures que este ano cambia a súa distancia de 4 Km a 9 Km.
Os obxectivos serían:
- Como dixen antes cambia a distancia, polo que intentar mellorar o tempo da última vez que corrín alí no 2015, non vai ser posible pero intentarei igualar resultado.
- Desfrutar do novo percorrido e seguir coas boas sensacións das últimas probas.
Unha vez que conseguín aparcar, vou polo dorsal e de volta ao coche a cambiarme para poñerme a quecer. Uns 15 min. de trote con Carlos Pampín, compañeiro de equipo que volvía despois dunha lesión.
Chegado o momento coloqueime na liña de saída, nunha segunda fila polo que practicamente estaba adiante de todo. Deuse inicio a proba e arranquei bastante ben sen perder posicións e quedándome nun segundo pelotón, detrás do grupo de cabeza.
Os primeiros 4 km's eran coñecidos xa que gran parte deles transcorrían polo antigo percorrido. Cando vin que íamos pola mesmas zonas comecei a apertar máis, sobre todo cando vin que un dos corredores que ían por diante miña se ten que retirar por molestias e xa comecei a pensar en chegar ao podio.
Tras rematar a zona que coñecía viña unha longa subida na que me atopei moi cómodo e onde seguín gañando posicións mantendo un ritmo forte.
Aínda nos esperaba unha sorpresa nesta proba e é que tras subir ata o pavillón, baixamos ata a pasarela que cruza a estrada e para baixar da pasarela tivemos que ir polas escaleiras. Baixeinas de dúas en dúas intentando coller ao corredor que levaba por diante pero estaba moi lonxe polo que comezo a mirar cara atrás para conservar posición.
Xa na recta de meta fago unha última mirada cara atrás e vexo que a posición estaba asegurada polo que me deixo levar nos últimos metros.
O resultado final foi:
- Posición xeral: 6º de 126.
- Posición categoría: 2º. 🏆
- Tempo: 32:49 min.
- Ritmo: 3:39 min/km.
Os obxectivos cumpridos igualei o resultado do 2015 chegando ao podio e seguín co bo ritmo e sensacións das últimas proba, algo que me motiva bastante para seguir adestrando de cara os obxectivos do próximo ano, no que intentarei probar novas cousas.
En canto a carreira perdeu o encanto de ser unha proba curta pero para min agora está moito mellor, segue sendo rápida e creo que máis dura, con máis pendentes, a zona nova gustoume bastante e ese tramo baixando polas escaleiras fai que sexa unha carreira única. Botei en falta un podio ao que subir pero son pequenos detalles que pouco a pouco se irán mellorando.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Amadeo Abal Chaves .......... 30:48
- Roberto Agrelo Gómez ........ 31:09
- Javier Campos Suárez .......... 31:53
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Shaila Muñiz Pérez ............... 39:28
- Sonia Agrasar Barral ............. 39:34
- Elena Miguens Otero ............. 40:25
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Koala36 Retratografía. Moitas gracias.
0 comments