XXXIX Carreira do San Martiño
- novembro 15, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou desprazarse ata Ourense onde se disputaba a XXXIX
Edición da Carreira Popular de San Martiño e que transcorría por
un circuíto de 10 km. O obxectivo principal será o de mellorar o
tempo do ano pasado (39:08) e ver como sigue o pé xa que sigo con
molestias.
Unha vez chegados a Ourense atopei con algúns dos compañeiros de
equipo que ían disputar a proba.
Houbo que quentar ben, xa que a mañá estaba bastante fría e o tempo estaba perfecto para correr. Unha vez colocado no
caixón correspondente (impresionaba mirar cara atrás e ver a cerca
de 5000 persoas para correr), gardouse un minuto de silencio polas
vítimas do atentado en París e unha vez finalizado deuse a saída.
Os primeiros 2 km dábame a sensación de que ou eu ía moi tranquilo
ou o resto da xente comezou moi forte porque me adiantou bastante
xente e para min que o ritmo que levaba estaba ben para comezar, polo
que aguantei o meu ritmo sen importarme que me pasasen, xa habería
tempo para recuperar posicións.


Resumindo carreira dura
e moi ben organizada aínda que esperaba algo sólido no
avituallamento final pero polo resto todo perfecto.
Fotografías cortesía de tmffoto e Runphotos Galicia
0 comments