IV Media Maratón Solidaria Zona Aberta
- novembro 22, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou desprazarse ata Vilagarcía de Arousa onde se
disputaba a IV Media Maratón Solidaria Zona Aberta, a favor da
Fundación Arousa Solidaria e que transcorría por un circuíto de
dúas voltas, pasando polos pobos de Vilaxoán e Carril ata completar
a distancia de 21,097 km.
O obxectivo principal será o de mellorar a
miña mellor marca persoal que está en 1:20:54, lograda na media de
Pontevedra este ano. Intentarei baixar da 1:20:00 xa que o circuíto
e idóneo para logralo xa que non ten pendente ningunha nin xiros
bruscos que che poidan facer perder tempo.
Unha vez chegados a
Vilagarcía e tras recoller o dorsal atopei cos compañeiros de
equipo para a rigorosa foto de equipo.

Unha vez se deu a
saída, comecei tranquilo sabendo o moito que quedaba de carreira e a
partir do km 1 empecei con un ritmo bo e púxenme a gañar posicións,
así ao paso polo km 2,8, onde estaba situado o punto de control de
Vilaxoán, marquei un tempo de 10:52 min que equivale a un ritmo de
3:53 min/km e pasei no posto 61º.

Así ao paso
polo segundo punto de control en Carril no km 8,1 marquei un tempo
de 30:52 min o que equivale a un ritmo de 3:49 min/km e pasando na
posición 48º polo que gañei 13 posicións. A partir de
aquí só quedaba regresar a Vilagarcía para completar a primeira
volta pero foi nese traxecto cando me din de conta que o ritmo que
levaba estaba sendo moi alto para rematar a segunda volta igual ou
máis forte, ademais comecei a notar cansancio nas pernas, aínda así
seguín tirando xa que ía tocar sufrir de todas formas. Ao pasar Vilagarcía
xa camiño de Vilaxoán alcanzo a dous compañeiros de equipo, un
deles quédase e o outro sígueme polo que decido intentar manter o
ritmo del para non quedarme atrás nos últimos km.


O final posto
51º de 551 e 12º da categoría con un tempo de 1:21:26 o que
equivale un ritmo de 3:52 min/km. Os obxectivos finalmente non foron
cumpridos xa que non conseguín mellorar a miña marca, quizais por
comezar con un ritmo máis elevado antes de tempo que fixo que me
cansase antes pero bueno, xa haberá máis intentos e o máis
importante aprender dos erros que cometín.
Resumindo, carreira
propicia para facer marca, con un bo trato ao corredor, gran
avituallamento final, animación durante a carreira e moi ben
organizada. O negativo para min foi o paso por unha nave industrial
que desprendía un olor non moi agradable pero niso a organización
non pode facer nada e as duchas que onde eu me duchei só había
catro e estaban nun segundo piso polo que subir e baixar as
escaleiras despois de sufrir en carreira non me gustou moito pero
serían os únicos peros da carreira, se todo sigue ben para o ano
volverei estar aí intentando baixar a miña marca.
0 comments