II Carreira Romaría Vikinga 10K‏

Desta vez despraceime ata Catoira onde se disputaba a II Carreira Popular “Romaria Vikinga 10k” e que transcorría por un circuíto de 10 km. O obxectivo será o de mellorar o tempo do ano pasado que está en 38:55 e recuperarme do “fracaso” de non conseguir mellorar o tempo a semana pasada na media maratón de Vilagarcía. 
Unha vez chegados a Catoira, recollín o dorsal e xa me cambiei porque a mañá estaba fría e había que quentar mellor. 
Xa na saída, coloqueime bastante adiante, xa pensando en saír forte e conseguir mellorar o tempo, deuse o inicio a proba tras facer soar un corno vikingo. Rápido collín ritmo de carreira e fun gañando posición que perdera na saída.








Así tras dar unha pequena volta, regresamos cara onde se deu a saída xa no km 2, onde marquei un tempo de 7:29 que equivale a un ritmo de 3:44 min/km. 
A partir de aquí fun case todo o tempo nun grupo no que ninguén afrouxaba e no que as veces tiña que baixar o ritmo para non rebentar moi pronto e logo recuperar ese espazo. Tras pasar pola curva onde o ano pasado me perdín, este ano estaba moito mellor marcado e incluso puxeron a unha persoa da organización alí para que todos fósemos polo sitio correcto. 
A partir de aí xa so quedaban 3 km e o grupo xa estaba estirado polo que todos nos íamos seguindo e gardando forzas para o último km atacar se é posible. Así pouco a pouco fun subindo o ritmo e gañando algunha posición e seguindo a outro corredor que tamén estaba apertando. 
No último km intentei adiantarlle e tras un sprint que lancei a 200 metros da meta, non conseguín pasarlle, xa que levaba a distancia controlada comigo pero había que probar, xa que se lle conseguira adiantar, ía chegar detrás dos meus compañeiros de equipo. 
O final posto 23º de 342 e 9º da categoría con un tempo de 37:38 minutos o que equivale un ritmo de 3:46 min/km. Os obxectivos finalmente cumpridos, xa que tiven boas sensacións durante toda a carreira menos pola metade na que non me respondían moito as pernas pero que é por falta de adestramento, xa que cheguei a carreira sen poder adestrar nada en toda a semana e conseguín mellorar o tempo do ano pasado en 1:17 minutos.
Quero dar a noraboa a Alberto que rematou a súa primeira carreira con un gran resultado que nin el esperaba! 
Resumindo, carreira dura que non a recordaba así do ano pasado, con subidas e baixadas constantes no que pouco tempo che da a recuperar pero moi ben organizada e bo avituallamento, o único pero que lle poría sería o tema das duchas, xa que só había dúas e a agua estaba conxelada pero bueno, para a recuperación muscular vai ben.
PD: Fotografías cortesía de Jose e Where Is The Chandal. Gracias!

Tamén che pode gustar:

0 comments