III Media Maratón Palas-Melide Os 21 do Camiño
- xuño 27, 2015
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras a carreira de
onte en A Estrada hoxe despraceime ata Melide onde se disputaba a III
Media Maratón Palas-Melide “Os 21 do Camiño”.
O obxectivo na
carreira sería desfrutar xa que polo que me foron comentando é unha
carreira dura e sumado a calor que ía facer pois aínda sería máis
dura.
Unha vez cheguei a Melide para coller o bus que me levaría a Palas de Rei onde comezaba a carreira, atopeime con algún dos compañeiros de equipo que tamén disputaban a proba. Durante o traxecto ata Palas un dos participante que se sentou comigo foime comentando as dificultades da carreira que máis ou menos xa coñecía de velas no foro. Unha vez chegados a Palas recollín o dorsal e a bolsa do corredor, moi completa neste caso con camiseta sen mangas, manguitos e un gymsack. O dorsal nesta ocasión tiña o nome de “Amores”, adicado a miña nai e familia, xa que a última vez que puiden personalizar o dorsal foi adicado a meu pai e familia. Tras recoller o dorsal tiven tempo de descansar un pouco en Palas tirado na sombra xa que a calor rondaba os 30º.
Unha vez cheguei a Melide para coller o bus que me levaría a Palas de Rei onde comezaba a carreira, atopeime con algún dos compañeiros de equipo que tamén disputaban a proba. Durante o traxecto ata Palas un dos participante que se sentou comigo foime comentando as dificultades da carreira que máis ou menos xa coñecía de velas no foro. Unha vez chegados a Palas recollín o dorsal e a bolsa do corredor, moi completa neste caso con camiseta sen mangas, manguitos e un gymsack. O dorsal nesta ocasión tiña o nome de “Amores”, adicado a miña nai e familia, xa que a última vez que puiden personalizar o dorsal foi adicado a meu pai e familia. Tras recoller o dorsal tiven tempo de descansar un pouco en Palas tirado na sombra xa que a calor rondaba os 30º.
Despois de quecer un pouco, colocámonos na saída e comezou a
carreira. Empecei con un ritmo suave para ir vendo as sensacións que
tiña porque nunca correra con tanta calor pero sentíame cómodo e
en principio a calor non me afectaba moito polo que a partir do km
2/3 comecei a elevar o ritmo intentando ir cómodo e sabendo a
distancia que me faltaba e que a parte final era todo subir. Así os
primeiros 10km fun adiantando xente continuamente, destacar o detalle
dos aspersores e veciños coas mangueiras para refrescarnos, que
facía máis fácil correr con esta calor. Ao paso polo control
situado no km 12,3 aproximadamente marquei un tempo de 50:37 o que
equivale a un ritmo de 4:07 e pasando no posto 21º polo que ía moi
ben sabendo a dureza da carreira e que o obxectivo era desfrutala,
ademais sentíame ben co ritmo que levaba.
Todo se ía vir abaixo
a partir do km 14 cando empecei a notar cansancio, sobre todo nos
cuadríceps que me provocaron empezar a dar as zancadas máis cortas,
intentei mentalmente pensar noutras cousas para esquecerme do
cansancio pero foi imposible, cada vez notaba máis cansancio ata
chegar o km 17,5 onde me botei a andar a ver se así recuperaban algo
as pernas pero creo que iso aínda foi peor, volvía correr e as
pernas non respondían nada, aínda así fixen o esforzo de non
volver parar polo menos na última baixada onde un dos atletas que me
estaba adiantando me dixo que gardara forzas que quedaba unha subida
importante e eu aí xa comecei a pensar que non ía dar acabado a
carreira e desmotiveime de todo.
Cando cheguei a esa subida
practicamente a fixen toda andando porque de pernas cero, non tiña
forza nin ánimos para seguir ata o punto de pensar de sentarme nun
lado e descansar ou incluso abandonar e iso que só faltaba un km
para a meta pero xa estaba fundido. Gracias aos ánimos da xente e
dos corredores que me ían pasando volvín “correr” para acabar
dignamente pero faltaba o peor cando faltaban 200 metros para chegar
a meta súbeseme un xemelgo e teño que facer este ultimo tramo con
dor e sen apenas poder pisar ben, intentando disimular algo para polo
menos rematar ben, unha vez cruzada a meta xa busquei un sitio onde
tirarme e xa estirei bastante tempo para que volvera ao sitio.
Despois de recuperar un pouco muscularmente comín todo o que nos
deron ao cruzar a meta xa que había que recuperarse do gran esforzo
que fixen e fixemos todos nesta carreira, non é habitual que coma moito ao acabar as carreiras pero nesta non sei o motivo pero tiña ganas de comer todo...
O final posto 61º
de 550 e 10º da categoría, con un tempo de 1:38:46 o que equivale a
un ritmo de 4:41 min/km. Perdín 40 posicións nos últimos km supoño
que debido ao esforzo na primeira metade da carreira, a calor e a
carreira do día anterior que provocaron que muscularmente me quedase
a 0 e pensara en abandonar pero agradecer a todo o público,
voluntarios e corredores que me animaron a continuar.
En resumen, para min
a media maratón máis dura que corrín pero con gran encanto e
organización perfecta con moitos detalles e recordos como a medalla
con nome e tempo gravados, camiseta, manguitos, gymsack e
avituallamento completo. Para o ano volvo si ou si xa que teño
asuntos pendente con esta carreira e acabala como ten que ser, sen
andar e co ritmo que levaba ao principio que faríame subir ao podio
por categoría... Así que xa teño reto para o ano que ven!
0 comments