III Carreira Romaría Vikinga 10K
- novembro 27, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou
desprazarse a Catoira para disputar a III Carreira Romaría Vikinga 10K, carreira na que levo participando sempre e este ano non ía ser
menos. Chegaba cos obxectivos de desfrutar xa que non chegaba en boas
condicións, sen adestrar nada en toda a semana e comezando cun
proceso gripal. Tampouco podía intentar mellorar o tempo dos anos
anteriores porque cambiaba unha parte do circuíto polo que a
desfrutar e ver que sae.
Este ano como aliciente contaba coa
presencia de dous grandes do triatlón: Gustavo Rodríguez e Saleta Castro.
Unha vez que cheguei a Catoira fun recoller o dorsal e a
bolsa do corredor. Como cheguei con tempo tiven tempo de ver as
carreiras das categorías inferiores. Chegada a hora cambieime e
puxenme a quecer mentras saudaba a compañeiros do equipo e outros
coñecidos. Chego polos pelos a saída xa que tanto quecer cando
cheguei a saída xa había moita xente colocada pero pouco a pouco me
fun facendo un sitio para saír case adiante de todo. Dase a saída
ao son do corno vikingo e fago unha boa saída (parece que cada vez
vou mellor nas saídas).
O primeiro km vou controlando moito para ir
collendo ritmo aos poucos e que non me pase o de sempre e rebentar ao
final. Pouco a pouco vou collendo un ritmo competitivo e despois de
unha pequena volta volvemos pasar pola saída xa ían 2 km e paso con
un tempo de 7:18 min que equivale un ritmo de 3:39 min/km e pasando
no posto 24º, bo ritmo pero a ver se o daba aguantado durante toda a
carreira.
Intentei
seguir todo o tempo a ese ritmo polo que fun gañando posicións
pouco a pouco ata que, sobre o km 5 comezaba un sube e baixa continúo
e foi cando pensei que tiña que ler as crónicas dos anos anteriores
para saber como era a carreira xa que non recordaba esas costas.
Comecei a perder algunha posición nese punto pero logo volvería a
recuperarme e volver a ir máis rápido.
Cando chegamos a zona que
cambiou respecto o ano pasado ía nun pequeno grupo aguantando o
ritmo, a zona nova levábanos ata as Torres de Oeste e para chegar
había que facer unha baixada pronunciada para logo ir llaneando ata
onde tiñamos que dar a volta para regresar polo mesmo sitio polo que
todo o que baixamos agora tocaba subir, punto no que o esforzo da
primeira parte da carreira, o comecei a sentir e ir máis oxeito e
quedándome atrás no grupo pero controlando que non me adiantara
ninguén por detrás.
Os últimos metros xa sen forzas, vou
controlando ao meu perseguidor que neste caso era un compañeiro de
equipo e acercándome aos nenos que estaban a animar para chocar a
man con eles e rematar a carreira moi contento coas sensacións que
tiven.
O resultado final foi:
- Posición xeral: 20º de 333
- Posición categoría: 3º
- Tempo: 38:00 min
- Ritmo: 3:47 min/km
Os
obxectivos, mais que cumpridos xa que só ía a desfrutar e fun
durante case toda a carreira con un bo ritmo e sendo moi competitivo
ata acabei sendo 3º da categoría, pero non subín ao podio xa que
houbo un "problema técnico" e tras estar alí esperando
tanto en homes como en mulleres a categoría non recibiu ningún
trofeo. O día seguinte tras preguntar dixéronme que se está
solucionando e en breves se porán en contacto cos gañadores para
poder facerlle entrega dos trofeos polo que agora estou a espera.
En
canto a carreira, gaña máis con este novo cambio indo ata as torres
o peor e ter que volver a subir pero a organización e o trato
recibido por parte da organización das mellores de Galicia. O
avituallamento final completo e unha bolsa do corredor das mellores
que recibín con unha chea de produtos e agasallos por parte dos
colaboradores da carreira. Incluso con animación durante a carreira.
Para o ano intentarei volver ser da partida e poder loitar polo casco
vikingo!!
Resultado xeral homes:
- Victor Riobo ....................... 34:33
- Gustavo Rodríguez ............ 34:41
- Alvaro Prieto ...................... 34:51
Resultado xeral mulleres:
- Saleta Castro ...................... 41:46
- María González .................. 42:28
- Karina Pasarín .................... 43:03
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Difusión para a Organización da carreira. Moitas Grazas!!
0 comments