II Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple
- maio 29, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Despois
da experiencia de ir a SantYaGo10K sen
adestrar e ver que aguantei sen molestias pero sen forzas por
non adestrar, tocou poñerse ao tema e empezar a recuperar o ritmo
perdido.
Tras estar adestrando toda a semana decidín participar na
II Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple en Santiago de
Compostela sobre unha distancia de 4,5 km aprox.
no que se terían que dar dúas voltas a un circuíto feito
practicamente pola alameda.
Os obxectivos serían gañar confianza e
sensacións xa
que estou correndo con moita precaución para non recaer.
Unha vez que chegamos
a Santiago fomos
recoller os dorsais, cambiámonos
e puxémonos
a quecer un pouco pola alameda mentres
estaban a correr os da categoría de menores.
Unha vez listos fomos
cara a saída a esperar que comezase a carreira, coloqueime
adiante, detrás dos favoritos para ver si podía aguantar o ritmo.
Unha vez arrancamos sentinme
ben e ía no grupo de cabeza pero só aguantei uns 300
metros,
cando chegamos a primeira subida xa se empezaron a distanciar e
quedei no grupo perseguidor que pouco a pouco se ía desfacendo xa
fora por que uns aumentaron o ritmo e outros non o podían aguantar
que era o meu caso.
Pouco
a pouco fun gañando algunha posición durante a primeira volta e de
sensacións ía máis ou menos, as veces notaba algo que non me
gustaba pero rápido pasaba e volvía a correr ben.
A
segunda volta xa foi algo peor, comecei a notar a falta de
adestramento xa que só levo unha semana e empecei a perder posicións
ademais algo de dor no estómago fixo tamén que baixara levemente o
ritmo pero como quedaba pouco para chegar intentei aguantar como
fora. Unha vez vin a meta dinme conforme co resultado e como viña
algo tocado non apertei e adiantoume a primeira muller coa que fixen
practicamente toda a carreira.
O
final acadei o posto 28° de 305
e 4° da categoría con un tempo de 17:53
min
que equivale a un ritmo de 3:58
min/km. Os obxectivos cumpridos
xa que a pesar de perder posicións cara o final, noteime mellor e
empezo a recuperar as boas sensacións. Sorprendeume esa 4° posición
na categoría e máis cando vin os tempos porque me quedei a 5
segundos do podio pero
bueno todo volverá a chegar e moi contento de que xa volvo a correr
por debaixo de 4:00 min/km.
En
canto a carreira para ser corta, foi dura, non sei si foi pola falta
de adestramento pero a min persoalmente chegoume ben e falando en
meta con outros participantes tamén lles pareceu así. O único pero
que lle poño é que ao final non houbo duchas como estaban
anunciadas e tivemos que volver no coche sen asearse pero bueno o
importante era recadar fondos para a Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple.
Clasificación xeral homes:
- Gustavo Rios ........................... 15:27
- Amador Pena ........................... 15:29
- Jose Antonio Gontan ............... 16:01
Clasificación xeral mulleres:
- Tina Fernandez ...................... 17:52
- Belen Bascoy ......................... 18:26
- Stefanie Coutu ....................... 19:30
PD:
Fotos cortesía da Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple.
Grazas!!
0 comments