II Carreira Nocturna SantYaGo10K
- maio 21, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Pois
aquà estou de volta, despois da última carreira xa fai 2 meses e
nos que comezara a prepararme para correr a Wings For Life World Run
en Valencia a unhas semanas antes, unha nova lesión no xeonllo
afástame de participar nesta carreira e decido darlle repouso
absoluto as pernas para que recuperasen ben.
Tras mes e medio de
repouso decido participar na II Carreira Nocturna SantYaGo 10K xunto
con dous amigos aÃnda que ao final só ven un porque o outro sufriu
unha lesión no xeonllo xogando ao fútbol e non pode correr.
Os obxectivos para a
carreira serÃan rematar e comprobar as sensación despois de tanto
tempo sen correr, xa que vou sen adestrar nada.
Noite chuviosa en Santiago, coma sempre, que Ãa facer máis dura a carreira e sobre un circuÃto que cambiaba respecto ao do ano pasado e que parecÃa máis duro.
Noite chuviosa en Santiago, coma sempre, que Ãa facer máis dura a carreira e sobre un circuÃto que cambiaba respecto ao do ano pasado e que parecÃa máis duro.
Unha vez chegamos a Santiago, cambiámonos e puxémonos a
quecer, tranquilamente estivemos trotando 4km pero facÃa boa falta
que as pernas se foran acordando a sufrir.
Tras
o quecemento fomos cara a saÃda para irnos colocando nos caixóns, a
miña idea era poñerme no meu (caixón 1) na parte de atrás, xa
que os de adiante Ãan saÃr como avións pero cando cheguei xa non
daba ido moito cara atrás e quedei situado demasiado adiante para a
idea de ritmo que levaba.
Unha
vez se deu a saÃda xa vin como todos me comezaban a pasar e eu
intento manterlles o ritmo pero xa noto algo que non me deixa aguantar
ese ritmo polo que desisto e sigo un ritmo propio mentres vou
perdendo posicións continuamente.
Ao paso polo punto de control do
km 2,5 marco un tempo de 10:20 min que equivale a un ritmo de 4:08
min/km, nada mal para o tempo que estiven sen correr. Na subida da
Rúa dos Castiñeiros (km 3,5) xa comecei a notarme cansado e que as
pernas non respondÃan pero bueno habÃa que seguir que aquelo aÃnda
estaba comezando e quedaba moita carreira.
Agora
tocaba baixar cara a Rúa das Galeras para logo subir a costa máis
longa na Rúa do Pombal que aÃnda fun subindo ben pero sen forzas
nas pernas (como se notaba non ter adestrado), asà ao chegar a
alameda onde estaba o km 5 marco un tempo de 21:50 min que equivale a
un ritmo de 4:22 min/km, cada vez máis lento e o peor viña agora.
A
partir do km 6 comézame a dar flato e teño que baixar máis o ritmo
e ir apartado do resto dos participantes para non estorbar moito, xa
que me estaban a adiantar por todos os lados, a altura da Plaza de
Galicia o xemelgo esquerdo faime o amago de querer agarrotárseme e é
cando comezo a pensar en abandonar a carreira. Esta idea acompañarame
o resto de carreira.
AÃnda
quedaba unha pequena subida na Rúa das Rodas (km 7,5 aprox.) e entre
que Ãa sen forza ningunha, o flato e o medo a que se me agarrotase o
xemelgo, practicamente a subÃn andando.
Xa
só faltaban 2 km pola zona vella para a meta pero a idea de
abandonar cada vez era máis grande, ver como non podÃa facer nada
mentres todos me adiantaban non me gustaba nada pero habÃa que
seguir xa que o obxectivo era rematar e outra das ideas que teño é
rematar todas as carreiras que faga, asà sexa andando.
Todo
o percorrido pola zona vella fun apartándome da trazada dos demais
participantes para non molestar xa que Ãa moi despacio ata que chego
a Praza da PraterÃa e sei que por fin estou chegando e xa só quedan
uns metros.
Os
últimos 5km fÃxenos nun tempo de 26:07 min, 4:43 min máis que os
primeiros que supoñen un ritmo de 5:13 min/km.
O final posto 525º
de 1587 e 146º da categorÃa, con un tempo de 47:59 min (11 minutos
máis que miña MMP) que equivalen a un ritmo de 4:48 min/km. Os
obxectivos máis ou menos, acabei a carreira pero as sensación non
foron moi boas aÃnda que era de esperar xa que despois de 2 meses
sen correr intentar facer unha carreira decente e ter boas sensación
é moi complicado, asà é que agora teño unha agujetas que case non
me deixan andar. Espero que a partir de agora poida comezar a
adestrar e pouco a pouco volver aos meus ritmos de antes.
En
canto ao circuÃto moito máis duro que o ano pasado no que non vale
moito para buscar MMP pero si para coñecer Santiago e desfrutar.
Unha pena que chovera e quedara un pouco deslucida. A organización
moi ben salvo ao final que se fixeron aglomeracións para o
avituallamento final que se poderÃa solventar facendo máis filas
para recoller o avituallamento pero quitando iso todo perfecto.
Agora
a adestrar que me fai boa falta!
Clasificación xeral homes:
- Hassan Lekhili ............. 32:29
- Alejandro Rivera ......... 33:02
- Amador Pena ............... 34:26
Clasificación xeral mulleres:
- Sandra Mosquera .................... 37:29
- Mª Yolanda Gutiérrez ............. 39:37
- Tina Fernandez ....................... 41:12
PD:
Fotos cortesÃa de FotoForum Compostela.
Grazas!!
0 comments