VI Nocturna Estradense

Despois de sufrir o calor a semana pasada na Media Maratón Palas-Melide, toca disputar a VI Nocturna Estradense sobre unha distancia de 8 km e que teríamos que dar dúas voltas a un percorrido urbano de 4 km.

Os obxectivos serán:
  • Seguir coas boas sensacións e rendemento que estou tendo nas últimas probas.
  • Desfrutar do ambiente festivos que se espera na Estrada xa que están en festas.
Cando chego a Estrada, recollo o dorsal e vou ver as actuacións de SondoDance xa que ía bailar un veciño. Cando remata a súa actuación xa só restaba media hora para a saída polo que me poño a quecer un pouco. Rematado o quecemento, vou cara a saída onde sacamos a foto cos integrantes do equipo que hoxe disputaban a proba.


Colócome en primeira fila, non estou acostumado a estar aí pero a saída ao ser estreita o comezo canto máis adiante mellor e así evitar aglomeracións e perigo de caída. Tivemos que esperar máis da conta a que dera comezo a proba porque nun dos puntos do percorrido producirase un accidente e estaban a retirar o coche e limpar a zona.


Todo listo e dáse a saída, arranco forte para non perder moitos postos ao comezo e consigo manterme nunha boa posición e sen atrancos, o peor foi que cando se dá comezo a proba, prenden unhas bengalas durante os primeiros 100 metros e como me coincidiu pasar por debaixo delas as chispas que botaban pódese dicir que estaban demasiado quentes ao contacto coa pel e queimeime un par de veces.

Tras pasar as bengalas afrouxo un pouco o ritmo para adecualo a carreira porque se seguía tirando así de forte só ía aguantar a primeira volta. Aínda así so perdo un par de posicións, mantendo un bo ritmo e completando a primeira volta nun tempo de 14:22 min. que equivale ir a un ritmo de 3:36 min/km. 


Na segunda é ultima volta decido intentar acercarme ao corredor que levaba por diante que era do equipo pero sen intención de adiantarlle máis que nada apertaba para que non me collesen por detrás aínda que ía mirando cara pouco para controlarlle a distancia, tiña un marxe suficiente a non ser que me viñera a baixo fisicamente.
Na recta de meta dáme tempo de comezar a dobrar corredores e tras unha última mirada cara atrás e ver que xa non me ían adiantar reláxome os últimos 50 metros e entro a trote recuperando a respiración. Esta última volta complétoa en 14:48 min que supón un ritmo de 3:42 min/km.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 11º de 140.
  • Posición categoría: 7º.
  • Tempo: 29:10 min.
  • Ritmo: 3:39 min/km.
Os obxectivos cumpridos xa que cando acabei, quedei sorprendido do "rápido" que conseguín ir e sen moito cansancio físico, parece que as pernas están no seu mellor momento e a ver se seguen así para conseguir marca a semana que ven nos 5K de Curtis. 
Gran ambiente como era de esperar polas festas e bastante público animando todo o tempo, algo que se agradece moito e fai que a carreira sexa máis entretida.
Tras rematar a carreira, a recuperar un pouco no avituallamento e para casa a descansar que mañá toca correr de novo.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Nuno F. Ribeiro Pinto da Costa .......... 25:25
  2. Marcos Rosende Saez ......................... 27:03
  3. Jose Lojo ............................................. 27:04
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Isabel Saez Batallán ............................ 31:59
  2. Natalia Seoane Otero .......................... 33:59
  3. Iria Campos Trabazo ........................... 34:34
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de RunPhotos Galicia. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments