XXXVIII Carreira da Pascua
- abril 15, 2017
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regreso ao asfalto despois dunha serie de trails que deixo aparcado temporalmente para rematar a preparación para a Wings For Life World Run de Valencia, e aÃnda que esta semana non puiden adestrar, xa vou tendo unha boa carga de km's nas pernas.
Desprázome ata Padrón onde se vai celebrar a XXXVIII Carreira da Pascua, sobre unha distancia de 10,5 km e que este ano cambiaba totalmente o percorrido das pasadas edicións.
Os obxectivos serán:
- Comprobar como van as pernas despois da serie de trails.
- Intentar saÃr forte e aguantar ata o final.
- Desfrutar do novo percorrido e do ambiente da carreira.
Unha vez que chego a Padrón, dirÃxome a recoller o dorsal mentres me vou cruzando con compañeiros de equipo. Chegada a hora póñome a quecer un pouco, xa que como querÃa saÃr rápido dende un principio, habÃa que estar preparado. Rematado o quecemento e antes de dirixirme a zona de saÃda, sacamos a foto de equipo.
Vou cara a saÃda e consigo colocarme bastante adiante e digo consigo porque cando cheguei a zona de saÃda xa estaban todos os corredores preparados e tiven que ir avanzando entre eles ata colocarme na zona que máis ou menos me corresponde.
Dáse a saÃda e arranco ben pero con moita precaución xa que os primeiros metros eran polas calles da zona vella de Padrón e eran estreitas, a parte estaba o público polos laterais e algún obstáculo que habÃa que salvar, por sorte todo foi ben e unha vez pasou ese tramo xa comezo a marcar o meu ritmo.
Vou gañando bastantes posicións nos primeiros km's e intento aguantar ese ritmo forte que levo dende o km 1, as sensacións eran boas e sen ningunha molestia.
Pasando polo paseo novo que está ao carón da FINSA paseino mal, pero non por cansancio nin problemas musculares senón que estaba facendo bastante aire e levantaba moito lixo da madeira que se me metÃa nos ollos e non vÃa con claridade ata se me puxeron a chorar os ollos para limparse.
Tras pasar esa zona chegamos ao punto de control que estaba cerca do km 5 marcando un tempo de 16:57 minutos polo que estaba a ir bastante rápido. Sigo aguantando o ritmo aÃnda que comezaba a notar que Ãa ser posible que non dera aguantado asà ata o final, aÃnda asà decido manter o ritmo e aguantar ata onde dea, ademais seguÃa gañando posicións.
Xa só quedan 3 km para a meta e pásame algo que nunca me pasara o corredor que levaba por detrás non se me despega nin me adianta, decido reducir o ritmo para que me pase pero nada e é que nesa zona pegaba moito o aire e el estábase a beneficiar de que eu lle parase o aire (nin que ocupara moito eu...), cansado de que non me adiantase fago un cambio de ritmo e consigo gañar uns metros.
Ese cambio de ritmo veume malÃsimo xa que uns metros máis adiante noteime moi cansado, por sorte chega un compañeiro de equipo que me anima a que me enganche a el pero viña moi forte, aÃnda asà intento xa que só restaba 1,5 km. O compañeiro era unha máquina chegou onde estaba eu como si nada, aparentando que estaba empezando a correr e eu xa estaba nas últimas.
DÃgolle que siga el que eu xa non daba máis pero ségueme animando a acabar xuntos que xa non quedaba nada e fago un último esforzo para chegar xuntos a meta. Como me alegro de estar neste equipo onde o máis importante é o compañerismo e o bo rollo.
- Posición xeral: 50º de 350
- Posición categorÃa: 10º
- Tempo: 38:45 minutos.
- Ritmo: 3:41 min/km
Os obxectivos o final cumpridos xa que as pernas responderon bastante ben e a pesar de que os últimos km's xa Ãa escaso de forza conseguÃn recuperarme gracias ao compañeiro que tirou de min e puiden acabar moi ben sacando forzas de onde non as habÃa. Sorprendeume o ritmo xa que corrÃn por debaixo da miña mellor marca nos 10 Km polo que as cousas van ben, agora a adestrar e seguir sumando Km's para chegar o mellor posible a Wings For Life World Run.
Para rematar unha foto con Reyes Estévez que por segundo ano consecutivo fixo esta proba.
- Uxio AbuÃn Ares ...................... 32:10
- Antonio Serrat Seoane ............. 32:59
- Luis M. Velasquez Ramos ....... 34:25
Clasificación xeral mulleres
- Paula Mayobre González ......... 37:39
- Marinela Mayo Caamaño ......... 39:22
- Ariana González Verde ............ 39:43
PD: Clasificación completa. Fotos cortesÃa de Maribel, Organización da Carreira by Difusion, VeRunners e Koala36 RetratografÃa. ¡¡Moitas gracias!!
0 comments