XLI Carreira do San Martiño

Tras tres semanas sen adestrar por molestias tocou volver a competir nunha das carreiras máis multitudinarias de Galicia, a San Martiño de Ourense, xa na súa XLI edición e na que teriamos que percorrer un recorrido de 10 Km homologados.

Os obxectivos serían:
  • Recuperar ritmo e sensacións despois do parón para mellorar das molestias que arrastraba.
  • Desfrutar do gran ambiente que sempre hai nesta proba.
Cheguei xusto de tempo porque co frío que estaba a facer, custoume máis da conta saír da cama pero foi chegar a Ourense, cambiarme e poñerme a quecer sen perder tempo porque senón non chegaba para a saída.
A falta de 10 minutos para que dera comezo a proba xa me coloquei no caixón correspondente, aínda que non estaba para ir moi rápido debido a que non sabía como ía estar fisicamente, coloqueime como se fora a por marca pero sabendo que non era o día.

Deuse a saída e comezoume a adiantar bastante xente a pesar diso, intentei non perder moito tempo. Os dous primeiros km's paseinos regular xa que non conseguía entrar en calor, incluso en momentos me doían as mans do frío que tiña e fun abrindo e cerrando as mans para intentar facer circular o sangue.


Tras eses dous km's comezo a entrar en calor e a comezar unha remontada , intentaba manter un ritmo constante e rápido xa que as sensacións que estaba tendo eran moi boas, o único que me estaba molestando era respirar o aire frío. 

Mentres seguía gañando postos cheguei ao km 5, onde estaba situado o punto de control e o avituallamento intermedio, do cal, como é habitual paso. Polo paso de control fago un tempo de 18:54 min. que equivale un ritmo de 3:47 min/km e pasando no posto 173º. Bastante ben sabendo que chegaba sen prepararme ben e sen saber como ía estar muscularmente.


En torno ao km 7,5 a falta de adestramento comezouse a notar e xa non me notaba tan ben como antes a pesar diso seguía gañando algún posto.


Nos últimos metros miro o reloxo e vexo que non ía conseguir marca polo que me deixo levar na recta de meta e como conseguinte perdín un par de postos pero satisfeito co rendemento e carreira que fixen.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 165º de 3673.
  • Posición categoría: 63º.
  • Tempo: 37:22 min.
  • Ritmo: 3:45 min/km.

Os obxectivos superados, non contaba con facer este tempo xa que pensaba que tres semanas se ían notar e me ía ir a un tempo de 39 min. aprox. indo en carreira arrastras, notando que quería ir máis rápido pero que fisicamente non daba e finalmente non foi así e sentinme bastante cómodo durante a carreira e con boas sensacións para o que queda de ano.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Alejandro Fernández Rivera ....... 30:41
  2. Alejo Ares Prada ......................... 30:44
  3. David Santos Domínguez ........... 30:54
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Marta Casanova Vázquez ............ 34:47
  2. Ester Navarrete Santana .............. 35:14
  3. Sandra Mosquera Losada ............ 36:13

Tamén che pode gustar:

0 comments