VI CorreSan - Ruta da Prata Angrois

Tocaba disputar a segunda das probas do Circuíto CorreSan de Santiago de Compostela, neste caso sería a proba Ruta da Prata en Angrois sobre unha distancia de 5,2 Km, nun percorrido de dúas voltas.

Os obxectivos serían:
  • Mellorar o tempo acadado o ano pasado de 19:30 minutos.
  • Quedar no mellor posto posible para a clasificación do Circuíto CorreSan.
  • Esperar que as molestias que teño na zona abdominal inferior non me molesten moito ao correr.
Unha vez cheguei a Angrois, espero o momento de cambiarme e poñerme a quecer, mentres vexo a carreira das categoría inferiores.
Chegado o momento, púxenme a quecer e as molestias na zona abdominal eran fortes polo que intentei quecer ben para que non me molestasen en carreira. Pouco a pouco a dor foi diminuíndo e cando tocou ir para a saída, apenas notaba nada.

Coloqueime bastante adiante nunha terceira/cuarta fila, ía saír rápido e tirar ata onde puidese. Dáse a saída e comezo ben sen perder moitas posición e comezando a recuperalas rapidamente.

Foto: RunPhotos Galicia
Así foi toda a primeira volta tirando seguido e intentando manter un ritmo forte, a calor que facía provocaba que aparecera o cansancio antes e ata facía falta algún posto de avituallamento porque levaba a boca seca de todo. No primeiro paso por meta fago un tempo de 9:23 min. que equivalen un ritmo de 3:37 min/km. Sentíame moi ben co ritmo e quitando a sequidade que levaba na boca as pernas estaban moi ben e me vía capacitado para tirar un pouco máis. 

Foto: RunPhotos Galicia
Comecei a segunda e última volta apertando o ritmo para intentar deixar atrás a os corredores cos que ía, algún conseguino deixar pero outros fóronme aguantando detrás. Mentres seguía tirando na primeira metade desta volta (a parte que ten as subidas) fun gañando algún posto e aínda que comezaba a aparecer o cansancio, intentei seguir apertando pensando na clasificación do circuíto.

Foto: Koala36 Retratografía
A segunda metade da volta (case todo o tempo baixando), sentía como as pernas non podían máis e escoitaba como por detrás me seguían de preto. Decido comezar a dar todo o que me quedaba a falta de 500/400 metros, error meu xa que cando faltaban 200 metros xa non daba apertado máis e perdín dúas posicións. 

A falta de 150 metros de chegar a meta e en pleno sprint produciuse a anécdota/susto por parte dun dos corredores que me estaba a adiantar do Noitebra xa que tamén estabamos comezando a dobrar a outros corredores e o xuíz que nos separaba para non ir polo mesmo camiño, indicándolle ao corredor no noitebra que fora cara o outro lado e nese momento produciuse o choque entre corredor e xuíz, tendo que frear para non caer. Nese momento sen pensalo decido pararme eu tamén e non aproveitarme da situación e cederlle a posición que xa tiña gañada. O corredor que viña por detrás miña tamén decide parar e entramos os tres respectando as posición na que íamos antes de se producir o accidente e rematando a proba facendo nesta última volta un tempo de 9:18 min. que supón un ritmo de 3:35 min/km.

Foto: Sandra Alonso (La Voz de Galicia)
O resultado final foi:
  • Clasificación xeral: 14º de 289.
  • Clasificación categoría: 3º 🏆
  • Tempo: 18:41 min.
  • Ritmo: 3:36 min/km.
Os obxectivos cumpridos, mellorei 49 segundos respecto a carreira do ano pasado, conseguín chegar 3º da categoría que para a clasificación do circuíto pode ser que teña posibilidades sempre é cando aguante a este nivel, as dores da zona abdominal non apareceron en carreira e quedan satisfeito co comportamento que tiven nada máis ver o acontecido co corredor do Noitebra e o xuíz que me agradecerían despois.

Foto: Facebook do Noitebra
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Amador Pena Torreira ................ 17:17
  2. Arturo Ramos Rey ...................... 17:25
  3. Alberto Carou Carril ................... 17:30
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Raquel Suárez Pedrosa ............... 20:58
  2. Laura González Gión .................. 21:45
  3. Lorena Pose Varela ..................... 22:15

Tamén che pode gustar:

0 comments