XI Carreira Popular ''Mar de Boiro''

Desta vez tocou desprazarse ata Boiro para disputar a XI Carreira Popular “Mar de Boiro” - 9º Memorial Pepe Buceta cunha distancia de 10 km percorrendo as calles de Boiro, o paseo pola praia e polos seus arredores. Os obxectivos serán os de mellorar o tempo do ano pasado que está en 37:33 minutos e desfrutar das vistas cando se vai polo paseo, xa que sempre é unha gozada correr a beira do mar. 
Unha vez cheguei a Boiro, recollín o dorsal, saudei a compañeiros que tamén ían disputar a carreira e funme cambiar para comezar co quecemento. Xa colocado na saída, concentreime en intentar facer unha saída boa e reservar un pouco de forzas para a parte final onde se atopaba a pendente máis dura do percorrido. 
Cando se deu comezo a proba a saída foi boa pero moito máis rápida do que esperaba, de todas formas ía ben, o problema comezou a partir do km 3 onde comecei a notar como que o corpo non respondía ben e as pernas as notaba cansadas. 
Ao paso polo control no km 5 marquei un tempo de 18:06 minutos, máis rápido que a marca que teño nesta distancia, con un ritmo de 3:38 min/km e ía no posto 43º pero a partir de aí as pernas dixeron basta, o rendemento que levaba comezaba a ir a menos e vía como me pasaban varios corredores sen eu poder facer nada de intentar aguantarlle o ritmo. A falta de 2 km parecía que o corpo volvía a responder e conseguía recuperar algunha posición perdida, incluso sacando forzas para subir a última pendente dura e intentar sacar algunha diferencia para non ter que esprintar ao final pero por detrás tamén viñan fortes e encarando a recta final puxéronseme a par, polo que tiven que esprintar un pouco para conservar a posición e que non me adiantaran. 
O final posto 50º de 427 e 16º da categoría con un tempo de 37:25 minutos o que equivale a un ritmo de 3:45. Os obxectivos cumpridos xa que conseguín baixar o tempo en 8 segundos e desfrutei moito a parte do paseo, sentindo a brisa do mar e tamén como varías persoas me animaban a min por levar o gorro de Papa Noél pero en canto a sensación non foron moi boas, xa que gran parte da carreira fun sufrindo por aguantar un ritmo que a priori tíñame que ser fácil de levar polo que vai tocar adestrar un pouco máis forte.

Resumindo, boa carreira e boa organización cunha saída moi rápida e que despois se está constantemente subindo e baixando levemente ata o final onde hai unha costa importante para despois encarar os últimos metros. 
PD: Fotos cortesía de Druida1313. Grazas!! 

Tamén che pode gustar:

0 comments